Actualízate

17 de Agosto de 2019Pontevedra

Volve PontedeTapas, co obxectivo de dinamizar o turismo local durante a ponte da Inmaculada

06 de Novembro de 2014

O certame gastronómico PontedeTapas, que impulsa a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, volverá entre os días 28 deste mes de novembro e o 8 de decembro para cubrir a programación turística municipal durante a ponte das festividades da Constitución e da Inmaculada.

A cita, que chega este ano á súa sétima edición, foi presentado hoxe pola concelleira, Carlota Román, acompañada dos representantes de Aempe, José María Corujo; Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Miguel Lago, e da nova asociación Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo), Camilo Garrido. Con eles estivo tamén o coordinador do concurso, o xornalista e presentador do programa Come e Fala, da Radio Galega, Xosé Manuel García Barreiro.

Carlota Román lembrou que PontedeTapas moveu o ano pasado 32.000 racións destas pequenas xoias da gastronomía local e 2.000 cócteles a través dos 52 locais participantes. O impacto económico estimado para a hostalería local foi dun mínimo de 100.000 euros, aínda que Román recalcou que o impacto real foi moi superior, porque estimouse como media o consumo dunha única bebida por tapa e non se computaron as pernoctas. O concurso funcionou, e así se comprobou nos cupóns de votación do público, como un potente elemento de atracción de visitantes de fóra da cidade, e moi especialmente, doutras cidades galegas.

Os prezos, como vén sucedendo case dende o principio, serán os mesmos: 1,50 euros para as tapas e 2,50 euros para os cócteles. Os hostaleiros competirán nas modalidades de tapa tradicional (elaboradas con produtos da terra) e creativa (centrada nas novas tendencias, pero sempre a partir de produtos autóctonos).

Mantense a novidade da gala final, que se celebrará o 15 de decembro. Pontevedra foi a primeira cidade en introducir esta cerimonia, na que as tapas finalistas elabóranse en directo para a votación final do xurado profesional. Unha gala que, destacou Carlota Román, despertou o interese doutras cidades e supón en si mesma, un premio para os participantes.

Os locais interesados en participar teñen ata o próximo día 20 deste mes para inscribirse. A cota de inscrición será de 90 euros. Poden participar todos os establecementos do municipio que o desexen. A recadación das inscricións vai integramente a sufragar os premios que se sortean entre o público, encabezados por unha viaxe a Europa e vales de compra no comercio local e a Praza de Abastos.

Durante a presentación subliñouse tamén que Pontevedra é o único concurso de Galicia que está impulsado directamente pola Concellería de Turismo, sen patrocinios de marcas comerciais, polo que os participantes teñen total liberdade para presentar as súas propostas gastronómicas ou de cócteles.

Por outra banda, mantense a aposta pola promoción a través dos medios de comunicación, a blogosfera e as Redes Sociais. Así pasarán por Pontevedra case unha vintena de referentes da comunicación gastronómica na Internet, xunto con caras coñecidas da TVG e do mundo da cultura.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 06.11.2014 polo Concello de Pontevedra.