Actualízate

22 de Maio de 2019Pontevedra

Volve a campaña Proba en galego entre os comercios e empresas locais

10 de Outubro de 2014

O Concello de Pontevedra pon en marcha, un ano máis, o programa "Proba en galego" da Concellaría de Normalización Lingüística para dinamizar o uso do galego no comercio e nas pequenas empresas locais. Proba en Galego dálle continuidade ao labor que desenvolve o Concello para visibilizar e incrementar o uso da lingua galega no sector económico, con actuacións específicas que se veñen realizando desde o ano 2006.
Esta nova iniciativa desenvolverase desde outubro de 2014 ata maio de 2015.


Os obxectivos desta campaña son:
 Dinamizar o uso do galego como lingua normal de comunicación no comercio e na pequena empresa
 Implicar as persoas que traballan no sector do comercio e da pequena empresa na mellora do uso do galego coa clientela e coas empresas provedoras
 Ofrecer espazos de reflexión e traballo para mellorar a calidade da lingua e a seguridade no seu uso no sector
 Estimular a clientela falante de galego para que manteña a súa lingua nas relacións comerciais
 Animar a clientela que non fala galego habitualmente a que probe a facelo
 Facer visible o uso da lingua galega nas relacións comerciais que se establecen na cidade
 Darlles continuidade ás campañas específicas para incrementar o uso do galego no comercio local e na pequena empresa

Requisitos para participar na campaña:
1. Ser unha pequena empresa con atención ao público e local comercial ou comercio que traballe en Pontevedra.
2. Que a actividade teña visibilidade e a participación na campaña repercuta na sociedade de Pontevedra.
3. Que a entidade teña previsto continuar coa súa actividade comercial, como mínimo, ata maio de 2015.
4. Remitir unha solicitude explicando o interese en participar na campaña e especificando o plan para cumprir os compromisos no comercio.
5. Se é unha empresa ou comercio que está iniciando o seu funcionamento, utilizará a lingua galega de maneira xeral na comunicación (rótulos, bolsas, avisos...) e na publicidade.
6. Asinar o documento de compromisos e adhesión á campaña, coa declaración responsable conforme a empresa non ten débedas coa Administración pública.
7. Non poderán participar aqueles comercios e pequenas empresas que non completaron as tres fases da campaña do ano 2013.

Criterios de selección:

1. Demostrar o compromiso específico para incrementar o uso do galego no comercio
1. Na escrita: rotulación, bolsas e avisos: 1 punto
2. Na oralidade: 1 punto
3. Na publicidade en prensa nos vindeiros meses: 1 punto
4. Na publicidade en radio nos vindeiros meses: 1 punto
5. O nome en galego: 1 punto (ou 0,50 se o nome coincide coa forma castelá)  
2. Demostrar o uso actual da lingua no comercio:
1. Na escrita: rotulación, bolsas e avisos: 1 punto
2. Na oralidade: 1 punto
3. Na publicidade en prensa no último ano: 1 punto
4. Na publicidade en radio no último ano: 1 punto
5. O nome en galego: 1 punto (ou 0,50 se o nome coincide coa forma castelá)  
3. Que formen parte dunha asociación de empresas ou comerciantes, co que se comprometen a facer repercutir a campaña tamén na asociación: 1 punto.

Compromisos que asumen os comercios e as pequenas empresas que se suman á campaña.

Documento de compromiso e adhesión á campaña Proba en Galego:
"Desde o momento da sinatura deste documento de adhesión á campaña comprométome a que:
1. No comercio comezaremos a atención á clientela en galego, para poñer en práctica a oferta positiva á que fai referencia o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
2. O persoal que traballa no comercio levará un cartón de cortesía coa imaxe da campaña Proba en Galego, que servirá de presentación para a clientela e de convite a utilizar o galego.
3. O galego será a lingua empregada nos avisos, na megafonía, nos escritos e nos carteis temporais que precise o negocio.
4. Realizaremos en lingua galega a publicidade do comercio, como mínimo durante o tempo que dure esta campaña.
5. Participaremos no web Proba en Galego, específico para esta campaña, como mínimo cun pequeno texto relacionado con esta campaña ou co uso do galego no comercio.
6. Entre o 12 e o 23 de xaneiro presentaremos a documentación necesaria para avaliar o seguimento da campaña e o cumprimento dos compromisos: unha pequena compilación de fotografías e/ou mostras dos documentos empregados para cumprir os compromisos. A documentación dirixirase, en papel ou en formato electrónico, ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Entenderase entregada cando conte co visto e prace do SNL.
  De non poder demostrar o cumprimento destes compromisos no prazo marcado, a empresa non se beneficiará do estudo profesional para a asesoría de imaxe e comunicación.
A partir do 1 de febreiro, e como mínimo ata abril de 2015, comprométome a manter todas as  accións anteriores e mais as seguintes:
7. Utilizaremos a lingua galega nas relacións profesionais do comercio coas empresas provedoras e auxiliares.
8. Solicitarémoslle á xestoría que asesora o comercio ao que represento o uso da lingua galega na nosa relación comercial.
9. Demandaremos de todas as administracións públicas documentos e atención en lingua galega, para todos os trámites administrativos que teñan que ver co comercio ao que represento.
10. Entre o 23 de marzo e o 1 de abril presentaremos a documentación necesaria para avaliar o seguimento da campaña e o cumprimento dos compromisos: unha pequena compilación de fotografías e/ou mostras dos documentos empregados para cumprir os compromisos. A documentación dirixirase, en papel ou formato electrónico, ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Entenderase entregada cando conte co visto e prace do SNL.
  De non poder demostrar o cumprimento destes compromisos no prazo marcado, a empresa non poderá acceder á posta en práctica de parte da asesoría de imaxe e comunicación.
Ademais, declaro estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública. 
Para que conste, asino este documento de adhesión e compromiso".


Calendario de desenvolvemento da campaña:
1ª fase, promoción da campaña (outubro 2014)
 Presentación e difusión na rúa
 Recepción de solicitudes e captación de participantes (ata o 31 de outubro)
 Formalización da adhesión á campaña mediante a sinatura de compromisos  (7 de novembro)

2ª fase,  primeiro período de compromisos (novembro 2014 - xaneiro 2015)
 Tempo para cumprir a primeira parte dos compromisos asinados (desde o 7 de novembro ata  o 9 de xaneiro)
 Período de xustificación do cumprimento dos compromisos (do 12 ao 23 de xaneiro)
 Entrevistas coas axencias de comunicación para a asesoría de imaxe e comunicación e entrega dos informes ás empresas que remataron esta fase (do 26 de xaneiro ao 23 febreiro)


3ª fase, segundo período de compromisos (febreiro-abril 2015)
 Tempo para cumprir a segunda parte dos compromisos asinados (do 23 febreiro ao 20 de marzo))
 Período para presentar a xustificación do cumprimento dos compromisos (do 23 de marzo ao 3 de abril)
 Materialización das asesorías (do 6 de abril ao 1 de maio)

4ª fase, remate e avaliación (maio 2015)

Máis información:
http://www.pontevedra.eu/snl/probaengalego

no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, na rúa dos Churruchaos, núm. 2, 1º andar.
Teléfono 986863157  normalizacionlinguistica@pontevedra.eu

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.10.2014 polo Concello de Pontevedra.