Actualízate

17 de Agosto de 2019Pontevedra

Un “thriller” ambientado en Pontevedra é a última aposta da oficina da Film Commission

10 de Febreiro de 2015

Un asasino en serie anda solto en Pontevedra. As súas vítimas son mulleres novas de pelo castaño. Unha produtora en decadencia encárgalle a un director vido a menos a rodaxe dunha “snuff movie”. Así arranca “Desde Dentro” unha curtametraxe que se rodará nas rúas da cidade co apoio da Film Commission que puxo a andar a Concellería de Promoción Económica e Turismo.

A película foi presentada hoxe pola edil Carlota Román acompañada do director, Samuel Lema; o protagonista, Xoque Carbajal, e Sika Lamas, responsable da produtora “Y la nave va”.

O proxecto nace, gracias ao apoio municipal, despois de que non acadara financiamento para unha longametraxe. Utilizará localizacións como o Centro Histórico, as marismas de Alba e a ponte das correntes. No reparto estarán tamén Sara Casasnovas, Sabela Arán e Carlos Vila.

O equipo, que chega co aval do éxito de “La Carne Cruda”, afronta un traballo a cabalo entre o cine, a televisión e o falso documental, co que pretenden conquistar aos xurados de diversos concursos internacionais aos que se presentarán durante os próximos meses.

Ata alí chegará a historia do “Acechador”, un criminal que acaba convertido nunha personaxe mediática e mesmo alcanza notoriedade na rúa coa venda de camisetas e sudadeiras de capucha vermella.

Carlota Román subliñou que a Film Commission, creada en 2014, apoiou xa a rodaxe da webserie Clases de lo Social, de tres curtametraxes sobre La Bella Otero, Maruja Mallo e María Casares, así como a rodaxe de tres anuncios dunhas adegas galegas. Actualmente estase a rodar a curta “Wendyland is dead” e están a piques de comezar outros proxectos, entre os que destaca “Castelao vive en Pontevedra”. Cada vez son máis, engadiu, as produtoras que chaman ás portas da Concellería de Turismo.

A responsable municipal, que subliñou que o impulso á rodaxe de producións audiovisuais en Pontevedra debe continuar sendo unha liña estratéxica da política turística, anunciou tamén que a web da Film Commission incorporará en breve un apartado cos “making off” de todas elas.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.02.2015 polo Concello de Pontevedra.