Actualízate

20 de Abril de 2019Pontevedra

Terras de Pontevedra busca propostas para comercializar e promocionar roteiros de arte rupestre pola comarca

17 de Outubro de 2014

Garantir a máxima transparencia e dar acceso a todas as empresas interesadas é obxectivo dunha convocatoria pública que vén de lanzar a mancomunidade turística Terras de Pontevedra para o deseño dun produto consistente na “Creación, Promoción e Comercialización de Roteiros de Arte Rupestre como conxunto cultural”.

As empresas interesadas disporán dun prazo de sete días hábiles para presentar ofertas dende a publicación na web da mancomunidade (www.terrasdepontevedra.org). As ofertas deben entregarse na Secretaría da Mancomunidade, situada na Secretaría Xeral do Concello de Pontevedra (rúa de Michelena, 30, primeiro andar).

O prezo do contrato é de 21.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución, dun mes. A adxudicación será ao prezo máis baixo, aínda que se a rebaixa supera o 10% pediranse xustificación da viabilidade da oferta ao licitador. As bases da convocatoria deben consultarse na web.

A concelleira de Turismo, Carlota Román, subliñou que optouse por dar a máxima publicidade á convocatoria, a pesar de tratarse dun contrato menor, para garantir a pública concorrencia e tamén incentivar a máxima competencia e calidade nas ofertas que se reciban.

O obxectivo é crear roteiros de arte rupestre que inclúan o Parque de Campo Lameiro e as áreas arqueolóxicas da Caeira (Poio), Mogor (Marín) e Tourón (Ponte Caldelas), así como outros vestixios do resto de concellos da mancomunidade. Deberán promocionarse entre os colectivos de persoas maiores e escolares, así como persoas con mobilidade reducida. A proposta debe deseñar visitas guiadas e obradoiros e realizar unha campaña de difusión entre medios de toda España. Finalmente, deberá incluír unha proposta de transporte estable dende a cidade de Pontevedra que enlace cos distintos puntos de interese.

A Mancomunidade Terras de Pontevedra agrupa aos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.04.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 17.10.2014 polo Concello de Pontevedra.