Actualízate

26 de Agosto de 2019Pontevedra

O Concello aproba un primeiro investimento de 733.000 euros para atender os danos do temporal

18 de Xaneiro de 2011

A Xunta de Goberno desta semana aprobou o primeiro paquete de actuacións de emerxencia para paliar os danos causados polo temporal das pasadas festas de Nadal. A contía destas primeiras medidas é de 733.614,88 euros que se investirán en distintos lugares do casco urbano, segundo explicou a portavoz do Goberno, Anxos Riveiro.

 

As obras incluídas nestas primeiras actuacións serán:

 

·       A reconstrución do paseo peonil da senda do Gafos que terá un investimento de 111.7784,50 euros

·       Reconstrución da senda do río Lérez en dous puntos: á altura do barrio de Monte Porreiro e tamén no entronque do río Fontáns co Lérez. Esta inversión é de 92.815,80 euros

·       Afundimentos na praza de Barcelos con 140.235 euros.

·       Reposición da iluminación en distintas rúas, prazas e espazos públicos por 89.669,50 euros:

o   Senda do Gafos

o   Tramo soterrado do Gafos en Campolongo

o   Reposición de cableado en Monte Porreiro; avenida das Corvaceiras, Camiño de Ferro, 8 de marzo, Eduardo Pondal…

o   Avenida de Compostela: a reposición de catro farois a consecuencia do afundimento dun terraplén.

·       Arranxo do firme na rúa Alfonso XIII (non estaba en moi bo estado, e coas chovias empeorou moito): 59.820 euros. Tamén se repararán as pluviais e os pozos de rexistro.

·       Rúa Otero Pedraio. Reposición de pavimento e servizos por 160.125 euros.

·       Rúa Herminia Fariña Cobián (rúa de acceso ao Torrente), cambio de rexistros, drenaxes, canalización de augas, asfaltado por 79.160 euros.

 

A portavoz do Goberno explicou que o Goberno local está a prepara un segundo decreto con obras valoradas para a rede viaria do rural afectada polo temporal.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 26.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.01.2011 polo Concello de Pontevedra.