Actualízate

18 de Febreiro de 2019Pontevedra

Roteiro por Salcedo para coñecer o patrimonio da parroquia

10 de Outubro de 2014

Mañá sábado continúan as actividades abertas á cidadanía para coñecer o patrimonio do Val do Tomeza e Salcedo. No roteiro que se celebrará a partir das 10.30 horas, percorrerase o Castro das Croas, os Muíños do Batán, a Esculca e o Outeiro da Mina-Pedra do Fundamento. A saída estará guiada polo antropólogo Rafael Quintía e a asistencia é libre sen necesidade de inscrición previa.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, axeitado para andar por camiños de terra, sendas fluviais e pistas forestais. Nalgunhas zonas o terreo pode estar enchoupado e, de feito, a actividade podería suspenderse en caso de mal tempo.
A pasada fin de semana, preto de 40 persoas participaron no roteiro que se celebrou polo Monte das Croas, visitando o Castro e os Muíños do Batán, e que estivo guiado polo arqueólogo Eduardo Velázquez, de A Citania Arqueoloxía.
Actividades cos escolares
A vindeira semana está previsto (sempre que a climatoloxía o permita) que se celebren as visitas de escolares que esta semana se tiveron que suspender por mor do mal tempo.
Con esta actividade, o Concello busca que os máis pequenos tamén se acheguen á arqueoloxía e coñezan de primeira man os traballos que se levan a cabo nun castro. Ademais, resulta moi interesante para eles descubrir como vivían os castrexos, saber de que se alimentaban e como era o seu xeito de vida, entre outras moitas curiosidades. n

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.10.2014 polo Concello de Pontevedra.