Actualízate

21 de Outubro de 2018Pontevedra

Repaso ao convenio de infraestruturas asinado con Fomento en 2009

18 de Novembro de 2014

 O Concello de Pontevedra e o Ministerio de Fomento mantiveron esta mañá unha reunión da comisión de seguimento do convenio asinado no ano 2009 que rexe parte dos investimentos do ministerio público na cidade do Lérez. Á reunión asistiron o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera quen ao seu remate, deu conta do resultado da reunión.
Ao respecto do desdobramento da avenida de Vigo, unha das obras incluídas no Convenio, Mosquera explicou que xa se xustificou a anualidade de 2014 por máis de dous millóns de euros. Só existe unha diferencia de 6.000 euros ao respecto das catas arqueolóxicas que non estaban atribuídas a ningunha das partes no convenio.
Na reunión tamén abordaron a situación das augas pluviais na no Nó do Pino. Aínda que xa se realizaron actuacións de mellora a este respecto no Pino, Mosquera explicou que o Ministerio está a estudar se é preciso desdobrar os sumidoiros para canalizar todas as pluviais cara ao río Gafos. Na actualidade a capacidade da tubaxe non é suficiente.
A circunvalación foi outro dos temas tratados na comisión de seguimento. Segundo o concelleiro de Infraestruturas o Ministerio traballa para iniciar as obras do primeiro tramo a mediados do ano 2015.
A mellora da seguranza viaria na N-550 ao seu paso por Alba (entre a rotonda de Médico Ballina e o empalme de Alba) ou en Salcedo, foron outros dos puntos abordados. Segundo Mosquera existe unha demanda para resolver os problemas para que os peóns poidan atravesar esta estrada estatal a súa vertente máis urbana. O Concello comprometeuse a presentar unha proposta de solución ante o Ministerio.
A estrada de Ourense ou N-541. Dende o Ministerio confirmouse que existe un investimento duns 2,7 millóns de euros para realizar obras de seguranza viaria na estrada dende Pontevedra a Pedre (Cerdedo). "Son actuacións puntuais e descontinuas basicamente de tratamento dos cruzamentos" explicaba Mosquera que aclaraba que eran dous tramos na zona de Mourente, outros dous en Cotobade e un último en Cerdedo, á altura de Pedre.
No caso de Pontevedra están previstas expropiacións totais ou parciais de 78 fincas. As obras poderían comezar, nas mellores previsións, a primeiros de 2016.
César Mosquera explicou que o Concello dispón de arredor dun ano para axustar o proxecto da futura rede de saneamento e abastecemento en Mourente, a estas reformas da estrada que pretende facer o Ministerio. De feito, o Concello porase en contacto coa Xunta de Galicia para tratar de asinar un terceiro convenio de saneamento no rural que inclúa, ben só esta obra, ou ben un proxecto máis ambicioso. Explicou Mosquera que resultaría unha pena non aproveitar esta actuación do Ministerio de Fomento cando menos para facer as conexións xerais, se é que finalmente a Xunta se nega a asinar  o terceiro convenio de saneamento no rural pontevedrés.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 21.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.11.2014 polo Concello de Pontevedra.