Actualízate

16 de Xuño de 2019Pontevedra

Louro aplaude o clima de consenso na primeira Comisión de Urbanismo

12 de Xullo de 2011
A Comisión deu o visto bo ao Estudo de Detalle que salva a instalación de "Aludec Inyección" nunha parcela do polígono industrial pontevedrés. Este documento é necesario pola circunstancia de que o Plan Parcial do polígono do Campiño, que data de 1995, prevé uns retranqueos con respecto á rúa que farían imposible a instalación da nova factoría.
O Estudo de Detalle será aprobado definitivamente polo Pleno que se celebra o próximo día 18. Antón Louro revelou que xa falou coa empresa, que se comprometeu a solicitar a licenza de obras inmediatamente, dado que o proxecto xa está redactado.
Aludec está a trasladar paulatinamente todas as súas liñas de produción ao Campiño, polígono ao que chegou no ano 2000. Conta xa con tres naves de produción: Aludec Stamping, Aludec Saxonia e Aludec Inyección, fabricando distintos elementos para a decoración do automóbil.
Agora precisa ampliar Aludec Inyección, dado que a liña existente está ao 100% de capacidade e non é quen de atender todos os pedidos, o que mesmo obrigou a subcontratar traballos a outras empresas de inxección de plásticos fóra de Galicia. Por este motivo chegaron a un acordo para adquirir a parcela A-38 do polígono, cunha superficie de 5.906 metros cadrados, pero atopáronse co problema urbanístico, derivado do planeamento do polígono, agora solucionado.
Antón Louro insistiu en que, cos tempos que corren, non é momento de poñer trabas á instalación de instalacións que xeran emprego industrial na cidade.

Por outra banda, a Comisión respondeu á petición de información urbanística presentado pola promotora "Proconsa" sobre o solar da esquina entre as rúas de Arcebispo Malvar e Galera. Dáse a curiosa circunstancia de que alí érguese un edificio no que viviu o escritor Gonzalo Torrente Ballester durante a súa estadía en Pontevedra.
O Concello remitirá os informes á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta. A principal cuestión a dilucidar por Patrimonio será o das alturas pola relativa proximidade á basílica de Santa María, que está declarada Ben de Interese Cultural (BIC), pero non ten aprobada a delimitación do seu entorno. Por este motivo, Patrimonio ven informando sobre as alturas autorizables.

Finalmente, a Comisión ditaminou favorablemente a petición de licencia do Hospital Miguel Domínguez para a apertura dun centro de Fisioterapia na rúa de San Pedro Alcántara.  O centro terá 580 metros cadrados. O orzamento das obras é de 290.002 euros.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 16.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 12.07.2011 polo Concello de Pontevedra.