Actualízate

17 de Agosto de 2019Pontevedra

Pontexogos abre mañá as súas portas co tradicional tiovivo e coas novidades dun rocódromo e un minicine

11 de Decembro de 2014

A iniciativa da Concellería de Promoción Económica para estimular as vendas de Nadal por parte do comercio local chega este ano con importantes novidades. Pontexogos abrirá as súas portas na praza de España mañá, venres, e chega cunha oferta lúdica reforzada para captar o interese dos pequenos e dar así facilidades ás familias para realizar as súas compras.

A concelleira Carlota Román anunciou hoxe unha renovación que pasa pola incorporación dun rocódromo inchable de oito metros de altura e un minicine chamado “A caixiña dos mistos”. Novidades que complementan ao xa tradicional tiovivo e á completa oferta de obradoiros para manter ben ocupados aos máis pequenos de cada casa.

Pontexogos abrirá ata o 4 de xaneiro, pero atención aos horarios, porque serán de 16.30 a 20.00 horas ata o próximo venres, día 19. E a partir de aí abrirá de 11 a 13.30 e de 16.30 horas a 20.00 horas, agás na propia despedida do día 4, na que só funcionará en horario de mañá. Como sempre pecha nos festivos do 25 e do día 1.

Para o acceso ás instalacións non se esixe o pago de ningunha entrada. Unicamente volve ser requisito a presentación dun tique de compra nalgún establecemento comercial de Pontevedra por importe mínimo dun euro. O obxectivo, recalcou Carlota Román, é dinamizar a campaña de Nadal e Reis no comercio local. Iso permitiunos acadar cifras de 20.000 visitantes durante os dous últimos anos, e todo indica que manteremos a tendencia neste. Sen dúbida, engadiu a responsable municipal, estamos diante dunha das actividades máis multitudinarias de cantas organiza o Concello de Pontevedra.

A praza de España volve ser o epicentro do programa coa instalación dunha carpa de 400 metros cadrados en forma de cúpula. Aburrirse está prohibido e para elo ofrécense circuítos de psicomotricidade, patíns, obradoiros de repostería e panadería, actuacións de títeres, magos, contacontos, xogos tradicionais e unha visita de Papá Noel.

Como case todas as actividades da Concellería de Promoción Económica, Pontexogos tamén terá unha presencia moi activa na Internet e nas Redes Sociais. Está operativo un blog, unha páxina en Facebook e haberá códigos QR para facilitar o acceso a estes portais dixitais.


 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 11.12.2014 polo Concello de Pontevedra.