Actualízate

24 de Agosto de 2019Pontevedra

Pontevedra será escenario dunha curtametraxe sobre a dependencia emocional e a distorsión do amor romántico

27 de Novembro de 2014

Unha curtametraxe que se rodará en espazos públicos e privados de Pontevedra durante o próximo mes de febreiro, reflexionará sobre a dependencia emocional e os síndromes de Wendy e Peter Pan. A produción, que chega co apoio da Pontevedra Film Commission, foi presentada hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, e unha parte do equipo de “Wendyland is dead”.

A curta, producida por “My Art Project”, parte dun guión de Noelia Toledano, que tamén se ocupará da dirección. A rodaxe, que contará con destacados actores galegos, realizarase en localizacións tan representativas da cidade como o Centro Histórico, as pontes e o paseo do Lérez. Pero tamén haberá espazos pechados como salóns de peiteado, tendas de roupa, consultas médicas e locais nocturnos. Na presentación da curta participaron tamén as escritoras Loli Beloso, Dori Feijoo e o produtor Amadeo Covas.

Noelia Toledano destacou que non se trata dunha película feminista, pero si é unha película sobre mulleres. Aborda a necesidade absoluta de satisfacer á parella ou aos fillos, que sofren especialmente as mulleres por causa do medo ao abandono e tamén como resultado dunha educación baseada en estereotipos. Un síndrome moi conectado co síndrome de Peter Pan, máis común nos homes, e que caracteriza a aqueles que non queren crecer nin asumir as obrigas e responsabilidades da idade adulta. Cada Peter Pan necesita unha Wendy para asumir todo o que el non afronta, recalcou Toledano.

O guión non fala de violencia de xénero, destacou a directora, senón máis ben do cerne, da raíz profunda e emocional, que fai posible ese tipo de situacións dramáticas. Wendyland is dead é unha reflexión sobre a distorsión do amor romántico e as ideas preconcibidas, inoculadas dende idades temperás, sobre a busca do príncipe azul ou do home ideal. As mulleres non deben agardar a que lles baixen a lúa, deben baixala elas mesmas tomando as rendas da súa vida, recalcou Toledano.

O peculiar enfoque desta produción fará que, ademais de seren distribuída en festivais de cine, vaiase poñer especial énfase en facela chegar a gabinetes psicolóxicos, centros penitenciarios, escolas e ámbitos relacionados coa educación e a sanidade. Haberá unha versión subtitulada en Inglés.

Carlota Román explicou que a oficina da Pontevedra Film Commission foi creada en 2013 e, dende entón, xa impulsou proxectos audiovisuais diversos: dúas temporadas da web-serie Clases de lo Social, tres curtas sobre a vida de La Bella Otero, Maruja Mallo e María Casares e un spot publicitario sobre os viños galegos. Actualmente, ademais da curta Wendyland is dead, estase a traballar noutros tres proxectos, un deles ao redor da figura de Castelao e a súa etapa pontevedresa.

A concelleira subliñou que, xunto coa recuperación da tradición de Pontevedra como plató aberto para a rodaxe de series, películas e todo tipo de producións audiovisuais, a Film Commission é outro xeito máis de traballar a prol do turismo, tanto polas estancias que se derivan dos equipos de rodaxe como pola promoción que se fai da cidade.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 24.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 27.11.2014 polo Concello de Pontevedra.