O Goberno Local celebrou esta mañá unha Xunta de Goberno extraodinaria para aproba a sinatura dun convenio cos concellos de Marín e Vilaboa para solicitar unha subvención do Inega para proxectos de eficiencia enerxética na iluminación pública. Existen máis posibilidades de obter contías máis elevadas se concurren varios concellos xuntos.
O Goberno Local, dacordo cos concellos de Marín e Vilaboa, solicitará conxuntamente fondos para os tres concellos que presentarán distintas actuacións nos tres concellos por un valor total de 180.000 euros, a contía máis elevada que se pode opter nestes fondos. O proxecto de Pontevedra será a substitución da iluminación pública no barrio do Castañal por valor de 60.000 euros.
No convenio que se asinará entre os concellos, faise unha encomenda de xestión para que sexa o Concello de Pontevedra quen saque a licitación as tres actuacións (incluídas ás dos concellos de Marín e Vilaboa). Se os proxectos ascenden da contía subvencionada, tanto Marín como Vilaboa pagarán as diferenzas.
[...]
[...]
Hoxe é 18.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.02.2014 polo Concello de Pontevedra.