Actualízate

22 de Maio de 2019Pontevedra

Pontevedra entrega o premio Intermodes 2014 a Lyon e Utrecht

06 de Febreiro de 2014

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores entregou esta mañá o premio Intermodes 2014 as cidades de Lyon e Utrecht, gañadoras do premio na presente edición.
Na súa intervención, o alcalde lembrou que “hai un ano Pontevedra recibía este Premio. Foi unha grande honra e inmensa alegría. Hoxe aínda son maiores ao comprobar que somos moitas cidades as que estamos camiñando na mesma dirección. Xuntos é máis fácil avanzar.  
Reivindico as agrupacións humanas, o burgo, a vila, a cidade, como centro de vida económica e social, integrada, cohesionada.  
Reivindico a cidade europea tradicional, compacta, integrada. 
Reivindico o medio ambiente urbano, a calidade urbana, a creación dunha contorna urbana sen perigos do tráfico, sen contaminación acústica nin aérea, onde os sons dominantes sexan os dos paxaros e o das voces humanas.  
Esta é a utopía realista, o ideal acadábel dos nosos días; as variadas utopías contra-urbanas, dende a Arcadia da cultura clásica até a suburbanización e contra-urbanización actuais, non deixan de ser reaccións ante o deterioro das cidades, ante a falla de calidade urbana, de calidade de vida das nosas cidades.  
A literatura, tanto a xeral como a urbanística, está chea destes postulados acusadores do deterioro urbano, pero, o que é peor, o territorio está inzado de actuacións, asentamentos e infraestruturas que responden a estas teorías.  
Pero son un calexón sen saída, un círculo vicioso. Como a cidade está deteriorada polo abuso do automóbil, a poboación dispersase, co cal as necesidades de usar o automóbil na cidade aumenta e a cidade deteriorase aínda máis. Por este camiño non hai saída posíbel.  
Temos que romper este círculo, temos que recuperar a calidade de vida das nosas cidades reducindo drasticamente o tráfico motorizado, as molestias, perigos, ruídos e gases do tráfico motorizado. Camiñar debe ser a mobilidade central, nodal, básica, maioritaria nas nosas cidades; despois, e nun lugar destacado, a bicicleta, despois o transporte público, e, por último, o automóbil.  
Nunha sociedade tan sedentaria, co perigo real da obesidade infantil, e do colesterol, camiñar ou andar en bici, son unha solución perfecta, tanto para a saúde como para a cidade.   Avancemos nesta dirección. Vale a pena.   Noraboa a Lyon e a Utrecht polo premio Intermodes, por avanzar nesta dirección de futuro”.

Pontevedra recibirá á Comisión de Intermodes para celebrar a súa reunión anual os vindeiros 18 e 19 de setembro, “unha moi boa noticia porque fixa a Pontevedra como referente no ámbito da calidade urbana”, explicou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera que esta mañá desvelou esta visita.
Tamén explicou que Pontevedra estará na 18 edición da Conferencia Europa sobre xestión de mobilidade (ECOMM) organizada pola Plataforma Europea sobre a xestion de mobilidade (EPOMM) que se celebrará en Florencia entre o 7 e o 9 de maio.
A organización recibiu 189 colaboracións, entre as que foi escollida a de Pontevedra, que fora convidada a se presentar ao congreso.

Para máis información:
http://www.epomm.eu/index.php
http://www.ecomm2014.eu

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.02.2014 polo Concello de Pontevedra.