Actualízate

11 de Decembro de 2017Pontevedra

Pontevedra debate sobre Infancia e Cidade con Francesco Tonucci

14 de Outubro de 2013

O Concello de Pontevedra organiza as II Xornadas de estudo e experiencias “Infancia e Cidade” coa colaboración do Ceneam (Centro nacional de educación ambiental, do Ministerio de Medio Ambiente) que se desenvolverán no Pazo da Cultura e no Teatro Principal esta fin de semana. Estas xornadas contarán coa presenza do prestixioso pedagodo italiano Francesco Tonucci, convidado polo Concello.
“Mobilidade e infancia” é un dos grupos de traballo permanente da Ceneam, dirixido por María Sintes, responsábel da área de Educación e Cooperación do Ceneam, que visitou o pasado mes de maio a cidade de Pontevedra. Este grupo de traballo creouse no ano 2011 e reúnese unha vez ao ano. En 2012 foi na cidade de Segovia, onde tamén estivo Pontevedra.
O obxectivo deste grupo de traballo  é promover o encontro de representantes de concellos, entidades, centros educativos, empresas consultoras e ONGs implicados en programas de mobilidade infantil, para facilitar o intercambio de experiencias, metodoloxías, recursos e boas prácticas. Tamén busca favorecer o coñecemento das diferentes experiencias e modelos de traballo que se están desenvolvendo no ámbito dos programas de mobilidade infantil urbana co obxecto de impulsar a aprendizaxe mútua, a colaboración e a coordinación de esforzos.
Logo da visita de María Sintes a Pontevedra, tanto o Concello como o Ceneam empezaron a traballar para que a segunda reunión anual do grupo de expertos en Mobilidade e infancia fose en Pontevedra, de feito estaba previsto para o mes de novembro.
Pero ao xudir a posibilidade de que o pedagogo Francesco Tonucci visitase a cidade a finais de outubro -debido ao seu interese por coñecer detidamente o modelo de Pontevedra-, acordouse pechar as xornadas para esta fin de semana, facendo coincidir as axendas dos expertos con Tonucci, e organizar unhas xornadas baixo o título “Infancia e cidade”, que terá unha parte da programación aberta ao público en xeral: a conferencia de Francesco Tonucci.
Á reunión do grupo de traballo asistirán 26 expertos representantes de administracións (fundamentalmente locais), entidades, centros educativos, consultoras e ONGs que desenvolven programas educativos ou de participación centrados na mellora da mobilidade urbana e da autonomía infantil.
A programación é a seguinte:
• Sábado 19
• 10 h. Sesión de grupo de expertos en mobilidade urbana no Pazo da Cultura.
• 12h. Visita a Pontevedra guiada por persoal municipal.
• 16h. Intercambio de experiencias sobre mobilidade infantil do grupo de expertos con Francesco Tonucci. No Pazo da Cultura
• 19.30h. Acto público no Teatro Principal (entrada libre): Conferencia de Francesco Tonucci presentado polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores: “Autonomía de movemento da rapazada. Unha necesidade para eles. Un recurso para a escola e a cidade”.
• Domingo, 20
• 10h. Análise de experiencias en mobilidade infantil e evolución. Sesión pechada do grupo de discusión sobre mobilidade urbana. Pazo da Cultura
• 13 h.Conclusións e peche da xornada.

Formarán parte dese grupo de expertos:
• Maria Sol Mena Rubio (Madrid) Concello de Madrid - Proxecto “En bici al instituto”-Programa STARS          
• Marta Román Rivas (Madrid) GEA21 S.L          
• Consuelo Uceda Castro (Madrid ) Asociación Acción Educativa-Grupo de traballo “Ciudad de los Niños”          
• Belén Calahorro Lizondo (Valencia) Fundació Mobilitat Sostenible i Segura         
• Haritz Ferrando Lebraud Consultor experto en mobilidade ciclista          
• Eva Puche Navarro (Córdoba) Concello de Córdoba, Dpto. de Mobilidade , Accesibilidade e Tráfico-Asesora Externa          
• Pedro Pérez Martín Colectivo peonil A Pata          
• Diana Ponce Belmonte (Madrid) Asociación Acción Educativa- Grupo de traballo “Ciudad de los Niños”          
• Francisco José Paz Fuentes (Valencia) Federación de Profesores de Educación Vial
• Clara Moreno Gómez (Madrid) “Asociación de Viandantes A Pie”         
• Violeta Usán Sanz (Zaragoza) Concello de Zaragoza – Área de Cultura, Educación e Medio Ambiente- Programa Camino Escolar          
• María Sintes Zamanillo Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)-Mº Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente          
• Rubén Rodríguez (Granada) Deputación Provincial Granada-Programa camino escolar-Consultor externo          
• Carlos Poblete (Madrid) Asociación Cíclope          
• Jaume Portet (Valencia) Valencia en bici          
• Maria Luisa Moreno Berzosa Asociación Cíclope          
• Luis Miguel Ocaña Sanz Asociación Cíclope          
• Pilar Mahamud Isidro (Alicante) Concello de San Vicente del Raspeig          
• Raquel Navas Hernández (Madrid) Asesora pedagóxica-DXT          
• Mª Helena Rodríguez García (Pontevedra) Coordinadora Educación Vial -DXT Pontevedra          
• Manu González Baragaña (Donostia) Fundación Cristina Enea/Observatorio da Sostenibilidade Donostia          
• Roberto González Argote (Vitoria-Gasteiz) Centro de Estudos Ambientais –CEA-Concello de Vitoria-Gasteiz          
• Jesús Mesanza (Vitoria-Gasteiz) Centro de Estudos Ambientais –CEA - Concello de Vitoria-Gasteiz          
• Esther Anaya (Hospitalet de Llobregat -Barcelona) Consultora experta en mobilidade ciclista          
• Pau Avellaneda García (Sabadell-Barcelona) Universidade Autónoma de Barcelona          
• José Francisco García Campo (A Coruña) Asociación VERDEGAIA

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 11.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.10.2013 polo Concello de Pontevedra.