Actualízate

21 de Xullo de 2019Pontevedra

Pontevedra acolle por primeira vez unha competición oficial de canicross e bikejoring

15 de Febreiro de 2012

Pontevedra acolle por primeira vez unha proba da Liga Galega de Canicross e Bikejoring, dúas especialidades deportivas encadradas no mushing, é dicir nos deportes que se practican con cans de tiro. Na primeira disciplina o deportista que guía ao can corre a pé e na segunda faino en bicicleta.
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández González, presentou a proba, que se celebra este sábado nun circuíto no espazo natural da Xunqueira de Alba, acompañado dos membros da Asociación de Cans Deportistas (ACADE), Julio Vázquez e Roberto Salvado. Ámbolos dous, que acudiron acompañados dos seus respectivos cans, participarán nas probas. Salvado, que é tamén membro da Federación Galega de Deportes de Inverno, ostenta o campionato de España na categoría de Veteranos 40 e xa quedou oitavo do mundo e noveno de Europa.
Durante a presentación explicouse que o canicross consiste en correr atado ao teu can cun material especial. O material consiste nun arnés de tiro, unha liña de tiro cunha parte elástica que protexe dos ás costas dos tiróns e un cinto ancho duns 7 centímetros e debidamente acolchado. Realízase por zonas de terra para non danar as almofadiñas das patas dos cans. O bikejoring ten a mesma mecánica, pero neste caso o musher (a persoa que dirixe ao can) vai sobre unha bicicleta, algo que obriga a un maior control debido ás altas velocidades que se acadan.
A Liga Galega de Canicross e Bikejoring está composta por seis probas, que comezan en novembro en Ares e rematan en marzo na Estrada. Celebra a súa terceira edición e incorpora a Pontevedra. O circuíto local está considerado entre os cómodos, dado que carece de fortes pendentes. A cambio ofrece unha paraxe natural fermosa, ao pé dunha cidade e cunhas pistas de terra en moi bo estado. Ademais, conta co espazo para recreo de cans que foi aberto durante o pasado mandato municipal.
Agárdase a participación duns 30 equipos (home-can) de canicross e de media ducia de bikejoring.As distancias a cubrir son de 6 Km e 4 Km respectivamente. A maiores haberá probas en categorías Infantil, Cadete e Xuvenil. Entre os participantes contaremos con Oscar Piñeiro, actual campión de España sénior e líder da Liga Galega e a Copa de España. Roberto Salvado actual campión de España veterano de de 40 e Alejandro Gomez exatleta olímpico.
Os horarios da competición son os seguintes:

10.00 horas: Comprobación de documentación (cartilla, material, seguros).
11.00 horas: Reunión informativa.
11.15 horas: Proba popular.
11.30 horas: Canicross Cadete e Xuvenil.
12.00 horas: Canicross Liga Galega.
12.45 horas: Bikejoring Liga Galega.
13.15 horas: Canicross Infantil.
13.45 horas: Entrega de Trofeos.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 21.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 15.02.2012 polo Concello de Pontevedra.