Actualízate

18 de Febreiro de 2018Pontevedra

PonteNadal, a feira de Artesanía e Agasallo abre as súas portas este venres

17 de Decembro de 2014

A praza do Teucro acollerá este Nadal a 14ª edición da Feira de Artesanía e Agasallo PonteNadal. O certame foi presentado hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e o presidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Miguel Lago.

PonteNadal chega coa participación de 35 artesáns chegados, na súa meirande parte, da provincia de Pontevedra, aínda que tamén haberá dous representantes que veñen dende Asturias e Zaragoza con propostas moi singulares. Haberá tamén presenza de tres oenegués: Solidariedade Internacional, Amencer-Aspace e a Asociación Alba.

A feira abre este venres e permanecerá operativa ata o 5 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 22 horas.

Carlota Román destacou que PonteNadal demostra todos os anos o seu poder de atracción gracias a unha oferta diferenciada, que aposta polo produto singular e local. Obxectos feitos a man e moi distintos do que se pode atopar en calquera gran superficie de calquera lugar do mundo, onde predominan os produtos industriais e despersonalizados.

Miguel Lago coincidiu en que na praza do Teucro pódense atopar os regalos máis orixinais e subliñou que a oferta cobre campos tan distintos como o coiro, a cerámica, bisutería, prata ou complementos.

A concelleira destacou que a feira de artesanía vén completar outras iniciativas que promove directamente o seu departamento municipal como Pontexogos (o programa que se oferta dende a praza de España para facer posibles as compras do Nadal co coidado dos nenos) e a Feira de Doces de Convento, pensada para dinamizar a Praza de Abastos na campaña de Nadal.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.02.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 17.12.2014 polo Concello de Pontevedra.