Actualízate

19 de Xuño de 2019Pontevedra

PontedeTapas bota a andar este venres coa participación de 45 locais de hostalería

26 de Novembro de 2014

A sétima edición do concurso gastronómico PondeTapas comeza este venres, día 28, para exercer como reclamo turístico e dinamizar a actividade hostaleira de Pontevedra ata o próximo domingo, día 8 de decembro.

A actividade, que promove directamente a Concellería de Promoción Económica, conta este ano coa participación de 45 locais, entre os que hai novas incorporacións.

A estrutura do certame fai posible que os locais participen en tres categorías distintas: tapa tradicional, tapa creativa e cóctel. Pechado o prazo de inscrición, quedou claro que a categoría de tapa creativa é que suscitou o maior interese, cun total de 30 participantes; hai 16 establecementos que presentan tapas tradicionais e, finalmente, poderán degustarse 12 cócteles distintos. As bases permiten competir simultaneamente en varias categorías e, á máis que previsible coincidencia entre as dúas fórmulas de tapas, tamén se sumou un importante crecemento na categoría de cócteles. De feito algúns locais, dedicados tradicionalmente á gastronomía, animáronse a ofrecer por primeira vez o seu combinado. Mesmo tamén hai algúns casos de locais que optaron por inscribirse nas tres modalidades.

Carlota Román destacou que o concurso de tapas de Pontevedra é un evento que dinamiza a economía local durante a primeira semana de decembro, nun período de escaso tirón turístico. En torno a 50.000 persoas participan habitualmente en PontedeTapas, o que dá idea da súa aceptación. Ademais, destaca Román, non hai que esquecer que o de Pontevedra é o único concurso deste tipo nas grandes cidades galegas que está promovido directamente dende o Concello, porque no resto son os propios hostaleiros os que corren coa súa organización. Un gasto con cargo ao orzamento municipal que a edil entende máis que xustificado co retorno, superior aos 100.000 euros, que PontedeTapas xera anualmente.

Seguindo a orientación dos últimos anos, o concurso será resolto a partir das votacións dun xurado profesional. Despois da primeira selección para escoller os tres finalistas de cada categoría chegará o momento da gran gala final, que será o luns, 15 de decembro. O xurado estará encabezado por un cociñeiro con Estrela Michelín.

Paralelamente, o público volverá ter ao seu dispor as papeletas de votación para seleccionar ao local gañador da votación popular. Entre todos os votos se sortearán os habituais premios: un primeiro consistente nunha viaxe dunha fin de semana para dúas persoas a unha capital europea e varios vales de compra no comercio local e na Praza de Abastos.

Os prezos, como vén sucedendo case dende o principio, serán os mesmos: 1,50 euros para as tapas e 2,50 euros para os cócteles.


 

A relación de locais participantes é a seguinte:


 

1- GOYA BAR. Tapa Creativa: “Goyito”

2- PUB MARILYN. Cóctel: “Marilyn Frapé”

3- LA ESTAFETA. Tapa Creativa: “Taquiño da Ría”

4- LA CAMARA. Tapa Creativa: “Delicias da Cámara”

5- PINTXOVIÑO. Tapa Tradicional: “Rollizo de Otoño”

6- ROCK&BOI. Tapa Tradicional: “Berberecho a secas”, Tapa Creativa: “Tomate sobre arena y etc...” e Cóctel: “Me da Igual”

7- LA CASA DE LAS 5 PUERTAS. Tapa Tradicional: “Ollo!! Bacallau!!”

8- LA PLATERÍA. Tapa Tradicional: “El Bocata”

9- SIDRERÍA MONTAÑÉS. Tapa Tradicional: “Picadillo de xabaril con ovos de pita e patácolas fritidas”, Tapa Creativa: “Troulada de Xurel” e Cóctel: “Margarida Sidería”

10- CAFETERIA SONATA. Tapa Tradicional: “Segredos da terra”

11- CERVECERIA PTV. Tapa Creativa: “Xurel marinado con encurtidos, ovas de lima limón e aliño de gintonic” e Cóctel: “Mesturas”

12- LA ESPUELA. Tapa Tradicional: “El Cremosito”

13- HOTEL RESTAURANTE RÚAS. Tapa Tradicional: “Cazuelita de Piquillos relleno de arroz”

14- TAPERÍA LOAIRA. Tapa Creativa: “Bocado de Terra e Mar”

15- TABERNA SAUDADE. Tapa Creativa: “Outono no saudade”

16- RECORCHO GASTROBAR. Tapa Creativa: “Recorcho 2.0”

17- LA FUGA DE BLAS. Tapa Tradicional: “Brocheta de pulpo con tetilla crujiente y ajada dulce”, Tapa Creativa: “Bollito relleno de cremoso de patata con entrecot y seta confitada” e Cóctel: “Sangría de fresa con helado de mango”.

18- DEJAVI TAPERIA. Tapa Tradicional: “Érase unha vez un polbo na horta (SEN GLUTE)”, Tapa Creativa: “Gallaecia experience (SEN GLUTE)” e Cóctel: “Quentiña”.

19- HOTEL RIAS BAJAS. Tapa Tradicional: “Filloas de lacón con tríptico de grelos, chorizo y pan de maíz a la miel” e Tapa Creativa: “Pulpo con patata confitada al alioli de frutas y pimentón dulce”.

20- VETULA PONTE. Tapa Creativa: “Pecado Original” e Cóctel: “Sarandonga”.

21- ADEGA DOS AVÓS. Tapa Creativa: “Crujiente de Pollo a la Miel”

22- LA TIENDA DE CLARA GALLÁSTEGUI. Tapa Creativa: “Cucurucho Otoñal”

23- LA TIENDA DE CLARA TEUCRO. Tapa Tradicional: “Tosta Gallega”

24- POSADA INDIANA. Tapa Tradicional: “El Pincho de las Colonias”.

25- O QUENTE TAPAS. Tapa Creativa: “A Gata Quente”.

26- LADY CARMIÑA. Tapa Tradicional: “Ruliña vas Levar” e Coctel: “Ponche da Nai”.

27- EL CAFETÍN. Tapa Creativa: “ “Empanada” de bacalao con pasas”.

28- EL PEQUEÑO KARMA. Tapa Creativa: “Hamburguesiña Pepirock” e Cóctel: “O Satélite”.

29- CRE-COTTÊ. Tapa Tradicional: “Carrilleira de Porco con Cromesqui ao viño Mencía”.

30- ALEJO'S. Tapa Creativa: “La debilidad de Chicote”.

31- BADIANA TAPAS. Tapa Creativa: “Patatas Bravissimas”.

32- PONTETAPAS. Tapa Creativa: “El Ladrón de Empanadillas”.

33- CAFE CENTRAL. Tapa Creativa: “Jardín Central” e Coctel: “Delicia Central”.

34- RESTAURANTE CASA ROMAN. Tapa Creativa: “Outono” e Cóctel: “Guillermo”.

35- ENVERO. Tapa Creativa: “Dim Sum de Caldo Galego”.

36- RESTAURANTE ROOM. Tapa Creativa: “Cremoso de berberechos en cazuela crujiente con helado de algas y pan de carabinero”.

37- ASADOR TAPERIA O FORNIÑO. Tapa Creativa: “Delicia de Pulpo con Crema de Queso”.

38- CAFETERIA ORLY. Tapa Creativa: “Rollito de Inverno con Chupito de Grelos”.

39- CASA VERDÚN. Tapa Creativa: “Panteira Nosa”.

40- EL ALEPH. Tapa Creativa: “Cervus elaLEphus”.

41- LA TORTILLITA. Tapa Tradicional: “Tallarines de calamar estrellados”.

42- TABERNA ZENTOLA. Tapa Tradicional: “MAG Zentola”.

43- CANCAMO MARISCOS. Tapa Tradicional: “Trio Marino”.

44- DR LIVINGSTON. Cóctel: “Doctor Royal”.

45- TÁBULA RASA. Tapa Creativa: “Bacallao con Patente de Allada”.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 26.11.2014 polo Concello de Pontevedra.