Actualízate

20 de Agosto de 2019Pontevedra

Pisando Forte 2014 remata cos tres últimos cursos de monitores

09 de Outubro de 2014

Os cursos de director de ocio e tempo libro, de monitor de comedor escolar e de monitor de xogos para a discapacidade pechan o programa de emprego xuvenil Pisando forte, que organiza a Concellaría de Xuventude.
Esta semana púxose o curso de Monitor de comedor escolar no que participan 20 mozos e mozas de Pontevedra de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos e en situación de desemprego. Cunha duración de 30 horas, o curso celébrase na Casazul durante os luns, xoves e venres deste mes de outubro, e de 17 a 20h.
Outro dos cursos deste último trimestre dará comezo este sábado día 11 ás 9 horas nas aulas da Casazul, o curso de Director de ocio e tempo libre, no que participarán 19 profesionais do tempo libre.
Superar este curso permitirá obter o título oficial da Xunta de Galicia para traballar como profesionais na organización e xestión de actividades de ocio e tempo libre, reguladas pola Lei de Xuventude de Galicia e o Decreto 50/2000, que esixe a contratación destes profesionais para actividades como os campamentos de tempo libre. Ademais de capacitar coa infancia, tamén a amplía a todos os grupos de todas as idades, dende nenos e nenas ata grupos da terceira idade, adultos, xóvenes...
Esta formación vén a complementar a titulación de Monitor de ocio e tempolLibre, que xa se leva  impartido no Pisando Forte durante os últimos catro anos, polo que xa era o momento de formar un grupo de segundo nivel e pasar a formar a estes profesionais e mellorar así as súas proxeccións profesionais.
A semana que vén pecharase a preinscrición do curso de Monitor para a adaptación de xogos de tempo libre á discapacidade, e procederase á selección, segundo criterios estipulados,  das 20 persoas que participarán finalmente nesta formación complementaria, cunha duración de 12 horas  e que se impartirá os días 10, 13, e 14 de novembro no Pazo da Cultura en horario de 17 a 21h.
Este curso está pensado para complementar a formación en Tempo Libre, en Educación Infantil, Educación Social, Psicoloxía, Maxisterio... Profesionais que traballen con grupos de persoas heteroxéneos e que busquen unha intervención socioeducativa baseada na inclusión de todo tipo de necesidades especiais. Esta formación será impartida por profesionais da Escola de Tempo Libre Paspallás de Pontevedra.
Todos estes cursos de Pisando Forte son gratuítos e se veñen desenvolvendo ao longo de todo este ano.
O alumnado que supera os cursos do programa Pisando Forte, recibe un certificado municipal  acreditativo da formación recibida.
A ofertada de Pisando Forte está dirixida a mozos e mozas de 16 a 35 anos, en situación de desemprego e do municipio de Pontevedra. Trátase dunha formación gratuíta (agás no caso do curso de Director/a de Tempo Libre onde está subvencionado), totalmente subvencionada polo Concello de Pontevedra e que ten por obxectivo mellorar o acceso ao mercado laboral da poboación nova, a través unha oferta formativa orientada á mellora das competencias persoais e profesionais.
Este ano realizáronse un total de 22 cursos no Pisando Forte, onde levan participado 387 mozos e mozas maiores de 16 anos, en situación de desemprego ou con contratos a tempo parcial.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 09.10.2014 polo Concello de Pontevedra.