Actualízate

20 de Maio de 2013 Pontevedra

Educación

As ludotecas municipais de verán chegan este ano con maior vocación social que nunca

14 de Maio de 2013

Máis nenos e prezos máis baratos. As ludotecas municipais chegan este verán con importantes novidades con respecto á proposta do curso pasado.
Un total de 1.200 nenos/as dos colexios públicos de Pontevedra poderán participar no programa municipal de “Escolas de Verán”. A cifra supón un lixeiro incremento con respecto ás 1.080 prazas ofertadas en 2012. Ademais o custo abarátanse cinco euros, para quedar en 30 euros nas urbanas e 20 euros no rural.
O programa foi presentado hoxe polo concelleiro de Educación, Agustín Fernández e o presidente da Federación de Asociacións de Nais e Pais (Fanpa-Pontevedra), Alberto Pita. O edil destacou o esforzo municipal para que ninguén quede fóra da proposta municipal e por apoiar ás economías familiares especialmente en época de recortes sociais. Cualificou as ludotecas como un “servizo básico” e unha demostración de que é posible desenvolver políticas máis sociais e igualitarias. Mentres uns reducen, o Concello amplía, destacou.
A oferta está aberta durante os meses de xullo e agosto a rapaces de entre 3 e 12 anos escolarizados e empadroados no municipio de Pontevedra. As ludotecas xirarán ao redor de dúas propostas temáticas diferenciadas: “A volta ao Mundo” para os rapaces do centro urbano e “Pequenos científicos”, para os do rural.
Fernández destacou a forte aposta pola conciliación familiar e laboral, que inspira esta iniciativa. As “Escolas de Verán” nacen para facer a vida máis fácil aos pais e nais que traballan e teñen serias dificultades durante as vacacións escolares. Para reforzar esta vocación mantense o horario ampliado entre as 9 horas e as 14 horas. Incorpóranse tamén a esta franxa as ludotecas do rural, que ata o de agora tiñan unha dispoñibilidade máis reducida. Mesmo hai posibilidade de ampliar o horario cos servizos de almorzo (dende as 7,30 horas) e comedor (ata as 16.00 horas). Estes dous servizos, que se ofrecen tamén esporadicamente para cubrir demandas concretas, requiren de pago adicional.
A capacidade do programa municipal repártese as ludotecas urbanas que se ofrecen este ano nos colexios Campolongo, Manuel Vidal Portela e Marcos da Portela (que se incorpora á rede), xunto coa ludoteca de inmersión lingüística en Inglés, no colexio de Barcelos. No rural, seguirán funcionando as asentadas nos colexios de Vilaverde (Mourente), Cabanas (Salcedo), Ponte Sampaio e Santo André de Xeve.
As ludotecas urbanas funcionarán en catro quendas quincenais durante os meses de xullo e agosto, mentres que no rural as quendas serán mensuais.
O programa inclúe un amplo abano de actividades. O concelleiro subliñou que non se trata só de deixar o neno/a na ludoteca. Os que participen na actividade de Inglés avanzarán no coñecemento do idioma nun ambiente divertido. Os rapaces das escolas urbanas realizarán actividades baixo a temática xenérica “A Volta ao Mundo/Around the World”: realizarán unha viaxe virtual por todo o mundo no que gozarán e coñecerán as diferentes culturas espalladas polos cinco continentes. No rural, baixo o eixe “Pequenos Científicos”, serán introducidos na Ciencia e a Astronomía.
En canto aos prezos, Agustín Fernández enxalzou o esforzo por facilitar o acceso a todas as familias deixándoos en 30 euros por quincena no ámbito urbano e 20 euros a mensualidade no rural. Tamén baixan os prezos para as familias monoparentais ou cos dous proxenitores parados (20 euros en urbanas e 15 no rural). Os prezos do servizo de comedor son de 42 euros por quincena. O servizo Madruga (22 euros sen almorzo e 28 euros con almorzo). Ofrécense tamén de servizos esporádicos.
Finalmente, o concelleiro de Educación aplaudiu o traballo que está a facer a Fanpa, sen cuxa colaboración sería imposible poñer esta oferta enriba da mesa. A Concellería ten asinados senllos convenios coa federación para xestión de comedores escolares e actividades extraescolares, por un lado, e ludotecas de Verán e Nadal (e mesmo de Semana Santa), polo outro.
As solicitudes deben presentarse na sede de FANPA (rúa Alfonso XIII número 7) entre os días 20 e 27 deste mes de maio en horario de 9 a 14 horas. Tamén é posible enviar un correo electrónico ao enderezo actividades@nontedurmas.org.

A folga na Educación acada unha incidencia nos colexios de Pontevedra dun 70% no profesorado e dun 74% no alumnado
Trescentos rapaces coñecerán no Salgueiral a vida no rural galego
“Faise camiño ao andar” leva a máis de 500 escolares pontevedreses polos fitos naturais de Galicia
Os colexios de Pontevedra piden que se manteña a actividade das Olimpíadas do Recreo
“O Cartafol do Lérez” tingue os colexios de Pontevedra de imaxinación e gusto pola escrita creativa
Case 300 alumnos de Primaria participan nas Olimpíadas do Recreo
A Concellería de Educación e Fanpa-Pontevedra poñen en marcha as ludotecas de Semana Santa
A Concellería de Educación mantén, un ano máis, as axudas para as ANPA do municipio
Case 600 rapaces dos colexios de Pontevedra aprenden a coidar a saúde facendo deporte e comendo ben
Chegan as Olimpíadas do Recreo, unha competición escolar ao redor do deporte, a ciencia, a cultura e a saúde
A Concellería de Educación promove a alimentación saudable nos colexios de Pontevedra da man de Onda Cero
20 de Febreiro de 2013

Unha alimentación saudable e a práctica regular do deporte son elementos imprescindibles para o crecemento físico e

A Concellería de Educación investirá case 25.000 euros en subvencionar as actividades das ANPA
11 de Maio de 2012

A Concellería de Educación apoiará ao movemento educativo pontevedrés cunha nova convocatoria das axudas para financiar

O CEIP Marcos da Portela recibe a exposición “Castelao para nenos e nenas”
11 de Abril de 2012

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra cedeu temporalmente, ao CEIP Marcos da Portela, a

A Concellería de Educación subvencionará ás actividades das ANPA con case 25.000 euros
19 de Marzo de 2012

A Concellería de Educación apoiará ao movemento educativo pontevedrés cunha nova convocatoria das axudas para financiar

Os rapaces do colexio de Parada (Campañó) estrean os roteiros de “Faise camiño ao andar”
14 de Marzo de 2012

O programa extraescolar “Faise camiño ao andar”, impulsado pola Concellería de Educación, comezou onte coa

Monte Porreiro acolle a obra Babs para inaugurar a escola infantil
28 de Febreiro de 2012

O Centro Sociocultural de Monte Porreiro acollerá este xoves, 1 de febreiro, a estrea da obra de teatro Babs, a cargo da

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.05.2013 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.05.2013 polo Concello de Pontevedra.