Actualízate

19 de Maio de 2013 Pontevedra

Cultura e Festas

Pontevedra recorda o papel das mulleres durante a represión franquista

14 de Maio de 2013

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luis Bará, xunto á concelleira de Cultura, Anxos Riveiro e a coordinadora da programación María Xesús López Escudeiro, presentaron esta mañá as Xornadas sobre a represión franquista e a muller, que se celebrarán ao longo do mes de xuño. O propósito é manter viva a memoria histórica, o seu coñecemento e recoñecemento, un labor que nunca acaba e que non se debe interromper, segundo a coordinadora.
A Concellaría de Patrimonio Histórico considera que é necesario continuar o labor investigador, divulgativo e de homenaxe en xeral, máis no caso das mulleres, dobremente represaliadas, dobremente esquecidas. As mulleres foron represaliadas e resistentes: vítimas da represión (na guerra e na posguerra, na Ditadura franquista), protagonistas da resistencia, e depositarias e transmisoras da memoria (escritos memorialísticos e memoria oral).
Lopez Escudeiro remarcou a importancia de “visibilizar a aportación que moitas mulleres fixeron á historia”, cuxo papel nas guerrillas fortaleceu en gran medida a resistencia aínda que as súas actuacións foran acaladas.
A programación inclúe distintas actividades que se desenvolverán en diferentes centros culturais e de ensino local e provincial, e teñen por obxectivo divulgar e dar a coñecer as ocultacións e terxiversacións da época franquista, así como as voces femininas silenciadas durante a ditadura.
A programación inclúe un simposio sobre a representación franquista en Galiza (1936-1975), As mulleres: vítimas da represión, protagonistas da resistencia que se celebrará no Pazo da Cultura os vindeiros 7 e 8 de xuño. A programación deste simposio é a seguinte:

Venres 7 de xuño
• 16.30 h. Recepción de participantes
• 17 h. Acto de apertura
• 17.15h. Conferencia de apertura: Carmen Blanco: "Memoria, mulleres, represión, resistencia e liberación"
• 18.00h.  Andrés Domínguez Almansa: Presentación dos resultados do proxecto Nomes e Voces. Represión e muller.
• 18.30h. Coloquio
• 19.15 h. Mesa redonda coa participación mulleres represaliadas e resistentes
Sábado 8 de xuño
• 10.30 Julio Prada: Franquismo e represión de xénero en Galiza
• 11.30 Ana Cebreiros. “Mujeres para España”. A Sección Femenina de Falange.
• Coloquio
• 13 h Xosé Álvarez Castro: a represión contra as mulleres en Pontevedra
• 17 h Luis Bará e Carme Vidal: Políticas públicas da memoria en Galiza (2005-2009). Mulleres con memoria.
• 17.45 h Victoria Martins: Galegas nos cárceres franquistas
• 18.30 Coloquio
• 19.15 h Conferencia de clausura: Aurora Marco. Galegas na resistencia antifranquista.
O prazo de inscrición no simposio estará aberto até o 7 de xuño enviando os datos persoais ao correo mulleresememoria@gmail.com
Paralelo ao simposio, o Pazo da Cultura acollerá a exposición Vermellas. Chamábanlles “rojas” organizada pola Universidade de Santiago de Compostela. Na exposición poderanse ver distintos paneis: Introdución, Da visualización social da muller á inmersión no terror. 1936: Golpe de Estado, vítimas e memoria; intelectuais; mestras; proletarias da cidade; proletarias do campo; proletarias da costa; campesiñas dos brazos abertos; o terro en carro de vacas; Mapoulas de Montecubeiro; xulgadas sen xustiza; exiliadas; fillas do exilio; acosadas ata o suicidio; casas refuxio ata a morte; violadas e rapadas; presas; guerrilleiras; nais, viúvas e orfas; mapa das mulleres represaliadas; gravados de Sara Lamas; a represión sobre a muller (1936-1939): tipoloxías e cualificación; perfil da muller represaliada; música na memoria; e información e créditos.
A programación tamén inclúe a proxección de dous audiovisuais “Digna rabia” e “As silenciadas”. “Digna rabia” é un proxecto conxunto da Universidade de Vigo e a Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas da man dos profesores da Facultade de Filoloxía e Tradución, Ángel Rodríguez Gallardo e M. Victoria Martins. A presentación será o martes 4 de xuño ás 20 horas na Casa das Campás.
O audiovisual  “As silenciadas. Historias de mulleres represaliadas na posguerra” de Pablo Ces proxectarase ao longo do mes de xuño en distintos centros culturais do concello de barrios e parroquias, así como en centros de ensino no vindeiro curso. A proxección contará coa participación de María Xesús Lopez Escudeiro e, nalgúns casos, coa intervención de mulleres protagonistas da resistencia e vítimas da represión.
Na programación tamén inclúe o Roteiro da represión franquista de xénero e un acto de homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes que será o vindeiro 28 de xuño, a partir das 20 horas, e estará guiado por Pepe Álvarez Castro.
A incripción para todas as actividades pode ser realizada a través do enderezo electrónico mulleresememoria@gmail.com, a partir de hoxe, día 14.
 

A Xunqueira da Gándara, próximo destino de Natureza sobre rodas
Trescentos rapaces coñecerán no Salgueiral a vida no rural galego
Primeira saída de Natureza sobre rodas pola parroquia de Salcedo
O Principal encherase cun “Son de contos”
Músicas no café
Teatro nos escaparates do centro histórico
Premios do Concurso dos maios
Nove participantes no tradicional Concurso dos maios
Exposición de bonsais no Casino Mercantil
Pontevedra celebrará o Día Internacional da Danza
Pontevedra, estrea absoluta de Azos de esguello
30 de Xaneiro de 2013

A compañía teatral Espello Cóncavo, que hai pouco estivera en Pontevedra co seu espectáculo “Tres no

Pontevedra, estrea absoluta de Azos de esguello
30 de Xaneiro de 2013

A compañía teatral Espello Cóncavo, que hai pouco estivera en Pontevedra co seu espectáculo “Tres no

Pontevedra, estrea absoluta de Azos de esguello
30 de Xaneiro de 2013

A compañía teatral Espello Cóncavo, que hai pouco estivera en Pontevedra co seu espectáculo “Tres no

Como podo aforrar no consumo enerxético da miña casa?
22 de Xaneiro de 2013

A Concellaría de Consumo, que xestiona Anxos Riveiro, organiza este sábado, 26 de xaneiro, unha xornada sobre aforro

A Casa das Campás acolle a presentación do libro sobre Teresa Alvajar López
22 de Xaneiro de 2013

A Concellaría de Cultura colabora na promoción do libro Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, que se

Os Reis visitan aos nenos de Monte Porreiro
04 de Xaneiro de 2013

O Concello de Pontevedra colabora coas Asociacións de Monte Porreiro (ANPA O Miradoiro, Os Campos, Luís Seoane, Asociación

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.05.2013 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.05.2013 polo Concello de Pontevedra.