Actualízate

24 de Maio de 2013 Pontevedra

Auga e lixo

A Xunta decide non construír o colector do Gafos

23 de Maio de 2013

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá con malestar e preocupación a decisión unilateral da Xunta de Galicia de non acometer o saneamento da parroquia de Tomeza e do río Gafos ao renunciar a executar a obra que tiña un orzamento de 1,2 millóns de euros. O Concello de Pontevedra participou esta mañá na reunión de seguimento do convenio asinado entre Xunta e Concello, cun compromiso de achega de 10 millóns de euros (7 da Xunta e 3 do Concello) para o saneamento do rural.

O proxecto de saneamento do Gafos viviu moitas visicitudes no último ano e medio, e o proxecto estaba parado porque a Xunta alegou que tiña que revisalo, logo de ser licitado e adxudicalo. Na reunión desta mañá o Concello coñeceu que se renuncia a executar esta obra (só se farán pequenos arranxos en Tomeza) e se destinarán estes cargos a elaborar un estudo sobre a situación xeral da ría de Pontevedra.

O Concello estudará xuridamente esta decisión unilateral da Xunta que está a incumprir un convenio, e exisirá a execución desta obra vital para o saneamento definitivo do río Gafos, a eliminación de pluviais para a estación depuradora e o saneamento de parte da parroquia de Tomez.

Adega resolve dúbidas en Mourente sobre a Campaña de compostaxe doméstica
A piques de rematar a conexión de Sobral, ao saneamento de Santo André de Xeve
Avánzase na rede de alcantarillado de Santa María de Xeve ao conectar Frieiro
Máis de 500.000 euros para completar o saneamento na parroquia de Lérez
Moi bo ritmo de inscricións na Campaña de compostaxe doméstica
O Concello aposta pola compostaxe doméstica nas parroquias do rural
Pontevedra aposta pola compostaxe dos orgánicos de toda a cidade
O Concello esixe a Fomento eliminar as deficiencias detectadas nas obras do AVE
O Porto debe ao Concello máis dun millón de euros en auga
Servizos amplía as rutas de recollida de lixo co sistema de carga lateral na cidade
Zafarrancho na rúa Pilar Bértola e Urco
21 de Maio de 2013

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza

Remata o zafarrancho en Conde Bugallal e na rúa da Parda
14 de Maio de 2013

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza

Zafarrancho no barrio da Parda
07 de Maio de 2013

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza

Zafarrancho na avenida de Marín
23 de Abril de 2013

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza

Esta semana complétase o zafarrancho de limpeza na avenida de Lugo
16 de Abril de 2013

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza

Zafarrancho na avenida de Lugo
09 de Abril de 2013

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 24.05.2013 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.05.2013 polo Concello de Pontevedra.