Actualízate

11 de Decembro de 2017 Pontevedra

Promoción económica

Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal

24 de Febreiro de 2015

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle entre os días 25 e 27 deste mes de febreiro a cuarta edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal). O evento está organizado pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa (Aempe) co apoio económico da Concellería de Promoción Económica.

A concelleira Carlota Román destacou que se agarda a presenza dunhas 10.000 persoas e a visita do alumnado de case medio cento de centros educativos galegos. Así o afirmou durante a presentación desta feira xunto cos directivos de Aempe, José María Corujo e Conchi Pereiro.

“Edugal é un fillo, ou unha filla, moi querido na nova programación feiral desta cidade”, afirmou a responsable municipal, quen recalcou o éxito de albergar durante o ano pasado un total de 22 feiras e congresos. Carlota Román subliñou que para sacar adiante todos estes eventos é preciso establecer alianzas con socios tan sólidos como Aempe. Edugal, continuou, é sinónimo de éxito e tamén de oportunidades, porque neste escaparate moitas persoas atopan unha perspectiva de futuro.

A feira está dirixida a alumnos de Secundaria, Bacharelato ou ciclos formativos, profesionais do ensino, centros educativos, formadores para o emprego, empresas do sector e tamén a todo o público interesado, especialmente, persoas que queiran ampliar a súa formación.

Disporá de máis de 30 stands de centros formativos non só galegos, senón tamén algúns doutros puntos de España. Contará con aulas abertas e unha ampla oferta de obradoiros, así como un gabinete de Orientación para axudar a aqueles que nin sequera teñan moi claras as súas preferencias de formación.

Máis información:

www.edugal.es

Entregados os premios aos gañadores da campaña de apoio ao comercio local “Neste Nadal, mergúllate con nós”
A feira Stock Pontevedra abre as súas portas cun total de 60 expositores e unha ampla oferta a prezos rebaixados
Pontevedra acudirá a convocatorias europeas para mellorar a Praza de Abastos ao quedar excluída das subvencións da Xunta de Galicia
PonteNadal, a feira de Artesanía e Agasallo abre as súas portas este venres
El Cafetín, Cáncamo, Central Terraza, Loaira e PTV gañadores no concurso de tapas e cócteles
O Plan de Emprego da Concellería de Promoción Económica chega xa ás 181 persoas previstas
Unha moza pontevedresa gaña unha viaxe a Roma no sorteo entre os clientes de PontedeTapas
Pontexogos abre mañá as súas portas co tradicional tiovivo e coas novidades dun rocódromo e un minicine
O primeiro andar da Praza de Abastos acolle a Feira de Doces de Convento
Adianto da Feira ambulante a este venres
Antón Losada afirma en PonteEmprego que da crise só se sae con solucións colectivas e a prol da igualdade social
23 de Outubro de 2013

A segunda edición de PonteEmprego abriu hoxe as súas portas coa conferencia inaugural do xornalista e profesor universitario

Carlota Román anima aos comerciantes locais a mergullarse de cheo na cultura 2.0
26 de Febreiro de 2013

A Concellería de Promoción Económica comezou hoxe a impartir o seu terceiro curso de Xeoposicionamento  Online de

A Concellería de Promoción Económica consegue a subvención para a auditoría enerxética da Praza de Abastos
12 de Maio de 2012

A Concellaría de Promoción Económica vén de recibir unha subvención de 3.380,70 euros do Instituto

Carlota Román reparte recetarios na Praza de Abastos
12 de Xaneiro de 2012

A Praza de Abastos foi hoxe escenario dun acto promocional que consistiu no reparto de libros de cociña editados pola Concellería de

Badaladas ás 12 do mediodía no recinto de "Sinte o Nadal"
30 de Decembro de 2011

Un acto aberto a toda a cidadanía servirá para despedir o ano con antelación e dun xeito lúdico. Será

O mercado de flores contará con 55 postos de venda
27 de Outubro de 2011

A concelleira de Promoción Económica asinou unha resolución na que se determinan os horarios e datas habilitados para a

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 11.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 11.12.2017 polo Concello de Pontevedra.