Actualízate

20 de Agosto de 2019Pontevedra

Pasos elevados en Raíña Vitoria

02 de Xullo de 2014

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera fixo balance esta mañá -no remate do curso político- das medidas de mobilidade implantadas no ámbito de Echegaray e Alfonso XIII. Segundo o concelleiro, a alternativa ofrecida aos pais do Colexio San Xosé foi ben entendida e acatada. Na actualidade estacionan na rúa Serra e está a funcionar ben, segundo César Mosquera.

Os datos de aforo de vehículos nas rúas nas que se adoptaron medidas de mobilidade tamén revelan bos datos. En Alfonso XIII deixaron de pasar a practica maioría dos coches, xa que o facían uns 4.500 a diario. 

No tramo entre Subdelegación do Goberno-Alameda-Echegaray pasáronse duns 5.000 a uns 3.500 vehículos/diarios.

E no tramo entre San Roque-Alameda-Echegaray pasouse duns 10.500 vehículos/diarios a 9.000.

Mosquera explicou que o tramo no que o Goberno está máis preocupado neste momento é a avenida de Raíña Vitoria, xa que foi o punto da cidade onde houbo máis atropelos o pasado ano.

Para correxir situacións como esta poñeranse en marcha reaxustes:

  • Entorno do ambulatorio. Fixaranse tres prazas con tarxetas autorizadas para os vehículos dos profesionais que teñen que facer asistencia a domicilio (médicos ou enfermeiros). Esta medida será de carácter inminente, unha vez que a chuvia permita pintar as prazas.
  • Avenida de Raíña Vitoria: instalaranse pasos de peóns elevados para calmar o tráfico e sinalizarase toda a zona a 20km/h. Esta medida porase en marcha logo das festas do verán.
  • Alfonso XIII: a petición dos representantes dos Camiños Escolares do Colexio das Doroteas, estúdase a peonalización da rúa.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.07.2014 polo Concello de Pontevedra.