Actualízate

22 de Febreiro de 2019Pontevedra

Os pasos dos Xulgados e de Valdecorvos poderán estar abertos a finais de xullo

07 de Xuño de 2011

O conselleiro de Infraestruturas, César Mosquera informou esta mañá do inicio das obras de demolición de ¼ da pasarela peonil de 12 de novembro e tamén do remate e posta en servizo dos pasos de Valdecorvos e dos Xulgados que se están a facer con motivo do paso do tren do Eixo atlántico pola cidade. A boa climatoloxía da primavera permitiu adiantar estes traballos, que poderán estar concluídos a finais de xullo.

 

César Mosquera explicou que a previsión do Ministerio de Fomento, que comunicou recentemente ao Concello, é que o paso de Valdecorvos e a nova ponte dos Xulgados estea rematado o 31 de xullo, “ou como moi tarde no mes de agosto”. Estas conexións estarán en servizo en tres ordes: rodada, peonil e tamén de servizos xa que permitirá solucionar problemas de pluviais e de saneamento tanto en Pedra do Lagarto como en Valdecorvos.

 

Tamén indicou que o alcalde tivo que facer unha xestión ante a Consellería de Industria para acelerar o traslado do transformador de Fenosa que se atopa nunha parte do trazado da nova ponte dos Xulgados e que ameazaba con frear a obra. Na actualidade este trámite está resolto.

 

Nesta semana a empresa construtora comezou os traballos de demolición de parte da pasarela peonil de 12 de novembro. Neste punto a vía non ten gálibo suficiente e é preciso derribala para baixar a cota. Esto obrigará a reforzar os muros de contención da pasarela. Unha vez que a nova cuberta estea feita, poderán comezar os traballos de desvío dos servizos da ponte de Loureiro Crespo. E unha vez que conclúa, poderase comezar o derribo da ponte de Loureiro Crespo, aínda que o concelleiro non puido adiantar datas xa que probablemente vaia cara final de ano.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 07.06.2011 polo Concello de Pontevedra.