Actualízate

19 de Xuño de 2019Pontevedra

Os Concertos en familia pechan a cuarta edición cun singular Concerto para bebés

24 de Outubro de 2013

O Pazo da Cultura acolle este domingo, 27 de outubro, o último dos Concertos en familia programados pola Concellaría de Cultura, que dirixe Anxos Riveiro. Este proxecto que chega este ano á súa cuarta edición, contos e historias (non sempre para nenos/as pero si adaptadas a eles) cobran vida para facer gozar ás familias e especialmente ao complicado público infantil.
A última convocatoria dos Concertos en familia é un concerto para bebés de Paulo Lameiro. Ao ter aforo limitado, contará con dúas sesións matinais ás 11:00 e ás 12:00 horas, ademais da vespertina ás 18.30 horas. Todas elas no Pazo da Cultura.
Este concerto para bebés é unha experiencia inigualable conducida polo músico portugués Paulo Lameiro na que os bebés ábrense por primeira vez á música nun ambiente moi especial, entre almofadas de cores, sons novos e chamativos para eles, acompañados da animación que invita á permanente participación e interactuación entre país e bebés.
Trátase dun coidado espectáculo polo que recibíu recentemente en Alemania o premio YEAH (YOUNG EARopean Award) na categoría de innovación.
As entradas estarán á venda en www.servinova.com e 902 504 500 a un prezo de 5€ (3 € para menores, estudantes, parados e xubilados) e na billeteira do Pazo da Cultura (2h. antes) do inicio do espectáculo no caso de non esgotarse. O concerto para bebés, con aforo limitado a 70 prazas, venderase únicamente en pack de 1 adulto + 1 bebé a un prezo de 12€.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.10.2013 polo Concello de Pontevedra.