Actualízate

15 de Decembro de 2018Pontevedra

Obras de seguranza viaria e reordenación do tráfico no barrio de San Roque, logo das Festas

01 de Agosto de 2014

O Concello de Pontevedra aproveitará o remate das festas da Peregrina, -e antes do inicio do curso-, para iniciar traballos de seguranza viaria nas rúas Raíña Vitoria e Alameda onde se instalarán varios pasos de peóns elevados para reducir un dos principais puntos de accidentalidade do casco urbano.

Ampliarase o paso de peóns elevado na entrada do instituto, e aproveitarase para eliminar tres ou catro prazas de estacionamento no sentido de circulación cara ao centro da cidade, e inmediatamente antes de chegar á entrada do instituto, para darlle máis visibilidade á entrada do institutos para os condutores.

Tamén se elevará o paso de peóns situado no Hotel da Barca.

Na rúa Alameda, elevaranse os pasos de peóns máis próximos ao cruzamento da rúa Echegaray, e instalarase un redutor de velocidade no paso de peóns máis próximo á rotonda de San Roque. Neste caso non se pode optar por un paso elevado dado que se atopa na entrada a un garaxe.

O orzamento desta actuación é de 60.439 euros.

O concelleiro Luís Bará tamén presentou esta mañá os cambios de sentido de circulación que o Concello executará no barrio de San Roque a partir das festas. Aproveitando os cambios de sentido que se porán en marcha coas festas da Peregrina, o Concello deixará definitivo o sentido de entrada pola rúa Palamios para evitar un problema de mobilidade e seguranza viaria nun tramo da rúa que é moi estreito.

Tamén se cambiará o sentido de dirección da Ribeira dos Peiraos. Con esta proposta será e entrada (agora é de saída cara as Corbaceiras) e a marxe esquerda do río (agora de dobre dirección) será de saída cara as Corbaceiras. Luís Bará explicou que todo este ámbito require unha actuación máis ampla de reforma urbana, pero neste momento o Concello non o pode acometer polo que se instalarán morróns, sinalización horizontal e vertical para indicar os novos cambios.

Ademais, tamén se prohibirá o estacionamento ao carón do río na marxe esquerda do río para garantir a seguridade en todo o ámbito.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 15.12.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 01.08.2014 polo Concello de Pontevedra.