Actualízate

19 de Abril de 2019Pontevedra

Obras de mellora da accesibilidade na Seca e na avenida de Compostela

16 de Decembro de 2014

O Concello de Pontevedra executa nestes momentos traballos de mellora nos accesos do barrio da Seca. O concelleiro de Obras, Luís Bará visitou esta mañá estes arranxos necesarios e derivados das obras do Tren do Eixo Atlántico, e da cuberta realizada na zona.
Son melloras valoradas en 35.000 euros que consisten na mellora da seguranza viaria e da accesibilidade no ámbito da nova cuberta do barrio.
Estase a executar a pavimentación e ensanche do Camiño da Vía. Tamén se está a construír unha beirarrúa neste mesmo camiño, ademais de mellorar o pintado do estacionamento e de derribar unha marquesiña de formigón que había no lugar, o que mellora a accesibilidade neste ámbito.

Visita á avenida de Compostela
Logo de visitar o barrio da Seca, o concelleiro comprobou como avanzaban as obras de mellora da seguranza viaria na avenida de Compostela.
Comprobou como o paso de peóns elevado entre a avenida e Rafael Areses -no remate da Ponte de Santiago-, xa está rematado e pintado en parte, dado que está pendente de pintar o espazo do carril bici.
A chuvia destes días e o frío intenso ralentizaron estes labores que poderán rematar ao longo desta semana ou na semana que vén. O único que está pendente é o carril bici que está pintado só nun tramo da rúa Rafael Areses.

Obras para despois do Nadal
Debido á proximidade das festas de Nadal (e ante o paro do sector da construcción), a Concellaría acordou para deixar para despois de Reis a pavimentación e a mellora da accesibilidade na avenida de Uruguai -entre as pontes do Burgo e das Correntes-, e a construción dos pasos de peóns en Domingo Fontán.

Accesos a Antón Fraguas
Tamén dentro da carteira de Mobilidade urbana, o Concello executou nestes días unha rotonda entre as rúas Loureiro Crespo e Casimiro Gómez que permite acceder dende Doce de Novembro e José Malvar até a rúa Antón Fraguas.
Até hoxe este acceso estaba prohibido e estaba previsto incluílo dentro do proxecto de reforma de Loureiro Crespo, diante do Hospital. Esta reordenación da mobilidade na zona permitiu habilitalo antes e mellorar o acceso rodado na zona, especialmente cara aos servizos de urxencia do Hospital Provincial.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.04.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.12.2014 polo Concello de Pontevedra.