Actualízate

20 de Agosto de 2019Pontevedra

Obras de conservación e limpeza de patrimonio hidráulico dos ríos Batán e Gafos

17 de Decembro de 2014

A Concellería de Patrimonio Histórico está a levar a cabo diversas actuacións adicadas a recuperar algúns elementos do patrimonio hidráulico do municipio, especialmente no referido a antigos muíños, canles de rego e depósitos de auga.
A primeira das actuacións ten lugar nos muíños do Outeiro, no río do Batán, que afecta á limpeza do último dos seus muíños e da canle, así como a consolidación das pedras dos elementos con revestimento de morteiro hidrófugo, de cara a mellorar aquelas partes máis afectadas polo paso do tempo. Á vez, procedeuse ao desbroce, limpeza e eliminación de especies exóticas (nomeadamente Acacia dealbata e Robinia pseudoacacia) do sendeiro de pescadores.
Outra das actuacións centrouse no depósito próximo aos muíños do Batán, recentemente rehabilitados pola Comunidade de Montes de Salcedo en colaboración co Concello de Pontevedra. A limpeza deste antigo depósito construído en pedra do país inclúe tamén a conseguinte impermeabilización interior, tamén con materiais hidrófugos.
O terceiro punto tratado correspóndese coa canle de rego do muíño de Cabanas, xestionado pola asociación Vaipolorío. Nesta actuación procederase ao desbroce e limpeza da canle.
Finalmente, estanse a levar a cabo a cabo dúas actuacións máis na zona urbana do río dos Gafos, en concreto no muíño-vivenda do Coto, no que se está realizando  limpeza da canle e mais a súa parte exterior, e no muíño de Vítor Soler, cuxo interior está invadido por especies alóctonas (Tradescantia fluminensis) e algunhas árbores.
No conxunto destas actuacións, a Concellería de Patrimonio Histórico ten investido uns 15.000,00 euros, ive incluído.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 17.12.2014 polo Concello de Pontevedra.