Actualízate

18 de Novembro de 2017Pontevedra

O rural e os barrios, prioridades do Goberno nos orzamentos de 2015

07 de Xaneiro de 2015

O Concello de Pontevedra debate mañá nunha sesión extraordinaria do Pleno municipal os orzamentos deste ano. Trátase dun documento que reserva 11,2 millóns de euros para investimentos, especialmente destinados ao rural e aos barrios urbanos.
Segundo o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo, "é un orzamento moi inversor e o mellor posible dentro do marco normativo actual". Ademais, este orzamento segue as liñas marcadas no actual mandato do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores -recollidas tanto no seu programa electoral como na súa investidura- de reforzar o investimento nas parroquias do rural así como dos barrios da cidade. As parroquias levan o 37,5% dos investimentos.
Divindo o capítulo de investimentos en cinco apartados, as partidas divídense:
1. Rural: 4,2 millóns
2. Urbano: 3.200.000 euros
3. Infraestrutura viaria: 2,1 millóns
4. Equipamentos: 1,1 millóns
5.  Servizos municipais: 600.000 euros

No capítulo de rural, as inversións van destinadas a:
1. Accesibilidade viaria: 1.820.000 euros
2. Abastecemento de auga potábel: 632.000 euros
3. Saneamento: 400.000 euros
4. Casas de cultura: 560.000 euros
5. Iluminación pública: 300.000 euros
6. Parques infantís/Zonas verdes: 175.000 euros
7. Patrimonio etnográfico: 75.000 euros
8. Monte Vivo: 75.000 euros
9. Colectores de lixo: 140.000 euros
10. ARI Estribela: 45.000 euros.

No  ámbito urbano, o capítulo de inversións reserva:
1. Rehabilitación de rúas: 1.550.000 euros
2. Accesibilidade urbana: 1.020.000 euros
3. Iluminación pública: 300.000 euros
4. Zonas verdes: 125.000 euros
5. Mobiliario urbano/Colectores: 145.000 euros

En infraestrutura viaria, os investimentos son:
1. Acceso sur (desdobramento da avenida de Vigo): 2 millóns
2. Ronda urbana: 140.000 euros

Dentro do capítulo investimentos, as inversións serán:
1. Cuberta do Pabillón Municipal de Deportes: 500.000 euros
2. Edificios e outras construccións: 325.000 euros
3. Expropiación de terreos: 200.000 euros
4. Obras en centros escolares: 50.000 euros

O último dos capítulos nos que se podería dividir este capítulo de inversións son as inversións para o correcto funcionamento dos servizos municipais, é dicir, reposición do vehículos para Policía Local, Bombeiros, para o Parque Móbil, maquinaria do servizo de obras, mobiliario, equipamentos informáticos... Para este capítulo está destinado un investimento de 600.000 euros.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.11.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 07.01.2015 polo Concello de Pontevedra.