Actualízate

16 de Febreiro de 2019Pontevedra

O Plan de seguridade e mobilidade do Duatlón activa a 180 axentes locais e 550 voluntarios

16 de Maio de 2014

A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle presentaron hoxe o Plan de Seguridade e Mobilidade preparado para o Campionato Mundial de Duatlon.
A concelleira destacou que a celebración do campionato necesita dun importante desplegue de medios materiais e humanos e dun elaborado Plan de Seguridade e Mobilidade que reduzca ao mínimo as molestias que poidan causar os cidadáns as restricións de tráfico e peche de rúas.
O obxectivo primordial do Plan é a total seguridade no desenvolvemento das probas, polo que os circuítos estarán completamente pechados, e garantida unha axeitada fluidez nos desprazamentos dos cidadáns.
O Plan de Seguridade e Mobilidade, coordinado pola Concellería e a Policia Local, divide o ámbito no que se desenvolverá o campionato en sete sectores, cada un deles cun plan específico de tráfico, nos que haberá restriccións de estacionamento e mobilidade.
As zonas que tendrán unha maior restricción de tráfico serán aquelas incluídas dentro do circuíto peonil e as zonas afectadas polo circuíto de bicicleta. As áreas afectas serán anunciadas a través dos medios de comunicación, coa colocación de carteis informativos en portais, garaxes, locais comerciais e cun servizo de información especial de Policia Local.
Os peches de rúas e restricción de tráficos dentro dos circuítos terán os seguintes horarios:

• Sábado 31, de 8 a 21.00h
• Domingo 1, de 7.30 a 19.00h

O remate das probas abriranse os circuitos volvéndose a pechar o día seguinte se hai probas.

O Plan de Seguridade conta con máis de 180 policias locais, un servizo especial coordinado entre a garda civil e a policía nacional e máis de 550 voluntarios que facilitarán o normal desenvolvemento das probas. Haberá tamén un servizo especial de emerxencia con once ambulancias, seis servicios médicos e un hospital de campaña. Para as labores de limpeza contarase con sete camións cisterna e catro barredoras.
“A enorme colaboración por parte dos cidadáns e a experiencia por parte da Policía Local contribuirán a que o campionato sexa un éxito” segundo as palabras da concelleira Carme da Silva, que recalcou tamén o seu “agradecemento moi especial ás persoas, que de maneira voluntaria, se volca en que estes eventos teñan un bo resultado”.
O teléfono da Policía Local tendrá un servizo especial de información para todos aqueles cidadáns que teñan calquer dúbida das restriccións do tráfico, mobilidade, estacionamentos... No teléfono 986833080.
 

Documentos :
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 16.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.05.2014 polo Concello de Pontevedra.