Actualízate

26 de Maio de 2019Pontevedra

O Museo Móbil (MuMo) chega a Pontevedra por iniciativa do colexio Marcos da Portela

27 de Xaneiro de 2015

O Museo Móbil (MuMo), unha iniciativa educativa que chega avalada polo éxito tras o seu paso por varios países de Europa e África, terá parada en Pontevedra durante as xornadas deste xoves e venres. A orixinal proposta, concibida para achegar a arte contemporánea aos rapaces, chega ao colexio Marcos da Portela, de Monte Porreiro.

A nova foi anunciada hoxe polo concelleiro de Educación, Agustín Fernández, e a directora do centro, Pilar Lores, que se amosaron encantados de que Pontevedra resultara elixida para pechar o periplo por España desta singular comitiva que busca abrir a sensibilidade e a interculturalidade entre os cativos de todo o mundo.

Agustín Fernández felicitou expresamente ao colexio Marcos da Portela por ter acadado esta novidade aproveitando a súa inclusión na Rede de Escolas da Unesco. Pola súa banda Pilar Portela destacou que o MuMo é un intento de romper fronteiras e de alimentar o espírito dos nenos do primeiro e do terceiro mundo.

O MuMo, que se articula ao redor dun contenedor industrial despregable transportado por un camión, ocupará a rúa de Grecia, polo que haberá restricións de tráfico nesta zona durante a fin de semana. O propio vehículo é un auténtico espectáculo moi valorado polos máis cativos, pois desprégase ao xeito dun “transformer”.

O MuMo naceu en Francia no ano 2011. E dende entón tamén percorreu Camerún, Costa de Marfil, Bélxica, Mónaco e Suíza. Está en España dende o pasado mes de setembro e recalou nas cidades de Barcelona, Zaragoza, Madrid, Valladolid e Vigo. A súa última etapa española será en Pontevedra.

Consiste nun espazo físico que se desprega e deixa ao descuberto catro espazos diferenciados que mergullan aos nenos no mundo da pintura, escultura, instalación,vídeo e deseño. No interior hai obras de 14 artistas, con obras especialmente creadas para conectar cos rapaces. Os traballos pertencen a Eija-Liisa Ahtila, Ghada Amer, John Baldessari, Miquel Barceló, Daniel Buren, Maurizio Cattelan,Sébastien Cordoleani, Florence Doléac, Pierre Huyghe, Paul McCarthy, Farhad Moshiri,Roman Signer, James Turrell e Nari Ward.

O MuMo é un espazo pensado e concibido para os nenos, de tal xeito que as súas dimensións interiores, aconsellan que se restrinxan as visitas á franxa entre os 6 e os 12 anos de idade. Deste xeito, non está permitido o acceso aos adultos, aínda que en Monte Porreiro haberá unha excepción cunha sesión especial para a que xa hai listaxe de espera. A experiencia dura 45 minutos e estrutúrase en grupos de 14 rapaces.

Está xestionado polo Fondo de Dotación en Movemento “L'Art à la Enfance”, ao que pertencen á Rede de Escolas Asociadas á Unesco (dedicada a desenvolver proxectos e prácticas educativas innovadoras) e o Movemento Internacional ATD Cuarto Mundo (centrado na loita contra a extrema pobreza). A creación deste museo interactivo foi unha iniciativa dun dos mecenas do Fondo, a Fundación Daniel e Nina Carasso, en memoria do fundador de Danone e da súa muller.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 26.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 27.01.2015 polo Concello de Pontevedra.