Actualízate

24 de Agosto de 2019Pontevedra

O muro de gavións na avenida de Bos Aires avanza a moi bo ritmo

03 de Abril de 2014

O noiro de gavións proxectado na avenida de Bos Aires avanza a moi bo ritmo, e os operarios que a executan xa teñen levando o cuarto socalco do muro, moi visible dende a avenida de Bos Aires.
A construción deste noiro estase a levantar nas proximidades da ponte das Palabras, antes da entrada ao barrio de Monte Porreiro.  O muro de ten uns 25 metros de longo e terá uns 4 metros de alto. A obra terá un custe de 58.153,60 euros.
O noiro caiu en xaneiro e a súa reposición está incluída dentro das obras de emerxencias aprobadas polo Concello ese mesmo mes, pero debido ao mal tempo e as intensas precipitacións que duraron até marzo, non se puido acometer até o de agora, coa chegada do bo tempo.
Segundo o informe técnico, a caída do noiro debeuse á saturación da rede de drenaxe da rúa Holanda, que provocou o desbordamento sobre o noiro provocando o seu derrubamento sobre a avenida de Bos Aires.
A situación levou a valorar tres opcións de intervención. A primeira un muro de contención de formigón que foi desbotado “pola intrusión visual que suporía un muro de 4 metros de altura de formigón visto nun entorno natural moi próximo ao Lérez”. Igualmente foi rexeitado un muro de bloques de pedra porque require un basamento moi ancho, especialmente ao tratarse dun noiro tan vertical, e debido ao escaso espazo da zona.
Finalmente optouse polos gavións porque ten un mellor resultado e combina as vantaxes das dúas anteriores.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 24.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 04.04.2014 polo Concello de Pontevedra.