Actualízate

15 de Decembro de 2018Pontevedra

O fútbol veterano atopa o seu oco na programación deportiva de Pontevedra co nacemento da Supercopa

14 de Febreiro de 2015

Un total de 14 equipos de fútbol veterano de Pontevedra participarán na primeira edición da Supercopa que organizan a Concellería de Deportes e a Asociación Cultural de Futbolistas Veteranos. Un torneo que nace coa vocación de cubrir un novo flanco na promoción do deporte popular na cidade.

A Supercopa foi presentada hoxe polo concelleiro, Agustín Fernández, e o presidente da Asociación, José Luis Pazos, acompañados dos delegados de varios dos clubs participantes.

Agustín Fernández destacou que esta Supercopa é a terceira etapa da súa estratexia para ir creando eventos propios de deporte popular. Consolidado o Circuíto de Carreiras Populares e lanzado o calendario 2015 de Bicicleta Todo Terreo, tócalle a quenda ao fútbol, recalcou.

O torneo nace coa inscrición dos equipos San Andrés de Xeve, Ludeiros, Rápidos de Xeve, Bora Nazaret, Muebles El Almacén, Bar Nos, Bar Sociedad Cultural Deportiva Mourente, Chorigal Cerponzóns, Salcedo, San Antoniño, Monte Porreiro, Limpiezas Floriani, Campañó e Peña Tronco. Barállase a inclusión de dous equipos máis para chegar a un total de 16.

Os partidos vanse celebrar en tres campos de fútbol de herba sintética: A Xunqueira, Monte Porreiro e Monte Carrasco. Comeza o próximo Mércores de Cinza, festa local, e rematará coa gran final do próximo 1 de maio, aproveitando que tampouco é laborable.

A competición organízase en formato Champions (catro grupos clasificatorios e posteriores cruces eliminatorios) en equipos de fútbol 7. Un formato áxil que dá xogo e emoción.

O torneo estará dotado de trofeos aos tres primeiros clasificados, así como aos campións dos distintos grupos. Os premios económicos son de 250 euros en material deportivo para os gañadores; 200 euros para os segundos e 100 euros para os terceiros. Haberá tamén un premio ao equipo máis deportivo con cheque de 30 euros en material deportivo. Todos os equipos, premiados terán inscrición gratuíta na liga de veteranos do ano próximo. Por outra banda haberá trofeos e premio de 30 euros para o máximo goleador e porteiro menos goleado.

José Luis Pazos agradeceu o nacemento desta Supercopa, un evento totalmente novidoso e sen precedentes, subliñou antes de lanzar a proposta de que para as próximas edicións se organice a finais de agosto, coincidindo coa pretemporada.

A Asociación de Fútbol Veterano, que abrangue o Norte da provincia, agrupa a 120 equipos (31 na capital da provincia) e 3.300 xogadores maiores de 30 anos.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 15.12.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.02.2015 polo Concello de Pontevedra.