Actualízate

17 de Agosto de 2019Pontevedra

O Consello das Mulleres aproba os actos da semana do 8 de marzo

12 de Febreiro de 2015

O Consello das Mulleres de Pontevedra ven de celebrar a súa reunión previa a conmemoración do 8 de Marzo onde se pecharon os actos para ese día, e se deu conta das novas incorporacións.
A semana do 8 de marzo virá cargada de conferencias e coloquios das distintas asociacións e institucións da cidade que tentarán coordinarse nas datas nas que se celebren. Así o día 3 ás 12.00 horas, o IES Luis Seoane celebrará unha charla a que convidará a diversas persoas do ámbito da igualdade á que tamén asistirá a directora do CIM Pontevedra, Rosa Campos Briones, a Concelleira Carme Fouces Díaz e representantes da asociación Mulleres en Pé.
O día 4 ás sete da tarde no Teatro Principal terá lugar o Consello das Mulleres Novas onde alumnado de diversos institutos da cidade celebrarán un Consello coa súa propia orde do día e falarán dos aspectos que consideren importantes no ámbito da igualdade. O coro de rapazas do IES Luis Seoane e o grupo de Rock do mesmo centro, interpretarán varias pezas musicais preparadas para á ocasión.
O domingo 8 de marzo tamén no Teatro Principal ás 20:00, o grupo de teatro Chévere traerá a súa última produción As Fillas Bravas, que como sempre será de entrada gratuíta até completar aforo.
Na reunión desta tarde tamén se aprobou elevar unha denuncia á Policía Nacional tal como se nos demandou por diversas representantes do propio Consello. O texto aprobado é o seguinte: O Consello das Mulleres de Pontevedra quere denunciar ante a Policía Nacional os indicios de explotación económica que poden estar a sufrir algunhas mulleres na porta das igrexas e supermercados. Os feitos acontecen á entrada e saída dos oficios relixiosos tal como veñen de manifestar ante este Consello, pedindo o apoio expreso á denuncia.
Por último deuse conta da colaboración cun novo grupo de investigación que se está a crear na UNED, en temas relacionadas ca igualdade e a violencia de xénero.
Ao próximo Concello se lle cursará convite formal á asociación Mulleres en Pé  para que se integre no mesmo, así como unha representante do ámbito do xornalismo.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.02.2015 polo Concello de Pontevedra.