Actualízate

23 de Xullo de 2018Pontevedra

O Concello recibe un borrador de convenio para destinar máis de 40 millóns ao Hospital Monte Carrasco

31 de Xullo de 2014

O Concello de Pontevedra recibiu onte un borrador de convenio para a construcción do Hospital Monte Carrasco por parte da Xerencia do Sergas, na que solicitan a colaboración do Concello para a instalación de todas as infraestruturas urbanísticas que requerirá este hospital.
Segundo informou esta mañá o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera "este convenio chegou de forma sorpresiva ao Concello, dado que non existían conversas previas nin nunca se amosou vontade por ambas administración por chegar a un acordo neste tema".
Mosquera lembrou que a proposta de borrador de convenio que chegou ao Concello implica levar servizos até Monte Carrasco (agua, luz, saeamento...) suporá un investimento duns 40 millóns de euros "que o Concello de Pontevedra nunca poderá asumir, e menos nestes momentos nos que a lei lle quitou estas competencias".
Fronte a este borrador de convenio, Mosquera lembrou que no proxecto sectorial no que se presentaba o Hospital Monte Carrasco, ao igual que en todo o proceso xudicial que o Concello emprendeu contra esta nova infraestrutura sanitaria por considerar un erro e unha perda de cartos, fronte a necesaria ampliación de Montecelo, a Xunta asumía que tería que afrontar o custe de levar os servizos a un espazo rústico forestal, algo moito máis custoso que se fose nun ámbito urbanizado, como xa é no caso de Montecelo.
"Trátase dunha nota de prensa en forma de convenio, o que nos deixa claro que a Xunta non ten ningún interese en construír este hospital. E o peor de todo, perdeuse moito tempo para ampliar Montecelo ou reformar o Provincial", explicou Mosquera.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 23.07.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.07.2014 polo Concello de Pontevedra.