O alcalde e o concelleiro delegado da parroquia de Salcedo, Demetrio Gómez visitaron esta mañá as primeiras obras da nova Casa da Cultura de Salcedo. Segundo puideron comprobar toda a cimentación do edificio está practicamente rematado, e despois do Nadal, comezará a levantarse. Durante o Nadal o sector da construcción para a súa actividade.
Cabe lembrar que as obras da Casa da Cultura de Salcedo foron adxudicadas á empresa Ediserpo, por un prezo de 708.455,69 euros, que se financian en dúas anualidades, sendo a partida para 2014 de 300.000 euros
A Casa da Cultura terá unha superficie construída de 650 metros cadrados, e contribuirá a conformar o núcleo de centralidade parroquia nesta zona onde xa se atopan os colexios, a Casa da música, a Casa do monte e o novo parque infantil. Tamén está a carón da igrexa e do cemiterio parroquial.
O proxecto foi negociado dende o primeiro momento co Consello parroquial incluíndo as peticións da plataforma constituída con posterioridade ao primeiro proxecto. Inclúe zonas de estancia, reunións, baños, espazo para obradoiros e dúas salas amplas con paredes móbiles que permitirá crear un espazo de escenario e platea, no caso de darse unha representación.
Trátase dun Centro social ambicioso polo prezo, pola funcionalidade, polos avances técnicos e pola capacidade do edificio.
O Centro cultural de Santa María de Xeve acolle mañá pola tarde, a partir das 17.00 horas, a segunda xornada do programa
Os concelleiros de Parques e Xardíns e o delegado do barrio de Monte Porreiro, Anxos Riveiro e Luís Bará, respectivamente
O Concello de Pontevedra inicia mañá traballos de bacheo e reparación de todos os viais da parroquia de Lourizán,
O Concello de Pontevedra iniciou hoxe un zafarrancho de limpeza no casco urbano da parroquia de Lourizán, en Estribela, a cargo da empresa
O Concello de Pontevedra reparou nestes días a pista que une os lugares de A Meán e Vigario na parroquia de San Vicente de
As brigadas municipais realizaron durante estes días a limpeza do contorno do antigo colexio dos Campos, na parroquia de Mourente, tal e
Hoxe é 18.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.02.2019 polo Concello de Pontevedra.