Actualízate

20 de Setembro de 2018Pontevedra

O Concello e Fanpa-Pontevedra asinan o convenio de colaboración para comedores, almorzos e actividades

01 de Xullo de 2014

O Concello de Pontevedra e a Federación de Asociacións de Nais e de Pais de Alumnos (Fanpa-Pontevedra) asinaron hoxe un convenio de colaboración para manter operativos os comedores escolares, o plan de almorzos (Madruga) e as actividades complementarias, entre as que destaca o programa de atención aos nenos/as con Déficit de Atención ou Hiperactividade.

O convenio, cun importe de 206.625 euros, foi impulsado polo concelleiro de Educación, Agustín Fernández. O texto foi asinado hoxe polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente do colectivo, Rogelio Carballo.

Reedítase así a colaboración que ambas partes manteñen dende o ano 2008, aínda que, desta volta, a sinatura atrasouse varios meses por mor das complicacións introducidas pola reforma legal da Administración Local realizada dende o Goberno de España, que retira as competencias educativas aos concellos para deixalas, en exclusiva, en mans da Administración autonómica.

Agustín Fernández explicou que o convenio, que estende os seus efectos ao 1 de xaneiro pasado, terá unha duración de dous anos, prorrogables ata seis. Non obstante, advertiu de que o novo marco legal obrigará o ano próximo a que a Xunta emita dous informes preceptivos e vinculantes sobre a sostibilidade financeira do Concello e a non duplicidade con outros programas autonómicos. De feito, neste ano foi posible a sinatura gracias a un informe xurídico que alegou que o curso escolar tiña comezado con anterioridade á reforma legal.

O concelleiro de Educación destacou que esta liña de colaboración demostra a aposta municipal polo Ensino público e faino, ademais, apoiando á Fanpa, o que é un xeito óptimo de colaborar. Por outra banda puxo o acento na axilización que se acada ao encargar a prestación dos servizos e actividades ao órgano de representación dos proxenitores.

Roxelio Carballo expresou o agradecemento ao Concello e puxo en valor o voluntariado como fórmula para a defensa e impulso do Ensino público.

Finalmente, o alcalde lamentou a tutela da Administración local, á que se lle retiran competencias para entregarllas ás Comunidades Autónomas sen a correspondente transferencia de fondos, o que redunda en que, ao final, os servizos corran o risco de non prestarse. Lembrou que o Ensino, ao igual que a Sanidade é competencia da Xunta de Galicia, pero o Concello de Pontevedra “bordeará o que haxa que bordear para que os nenos e nenas teñan acceso a unha calidade educativa xusta”.

Por outra banda, a Concellería de Educación e a Fanpa prorrogaron estes días o convenio para a xestión das ludotecas de Verán e Nadal, un programa que a Concellería xestionaba directamente e que tamén “encargou” á Fanpa a partir do ano 2011, á vista dos bos resultados que produciu o convenio xeral para comedores, Plan Madruga e actividades. O custo desta prórroga, que ten vixencia anual, alcanza os 55.000 euros.

As ludotecas de Verán acollerán este ano a preto de 1.500 rapaces de todo o municipio e ofrecerán un amplo horario co obxectivo de conciliar a vida laboral coa familiar. O Concello subvenciona en torno á metade do custo da praza. Inclúese tamén servizo adicional de comedor para os pais/nais que o precisen por mor dos seus horarios laborais.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.09.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 01.07.2014 polo Concello de Pontevedra.