Actualízate

17 de Agosto de 2019Pontevedra

O Concello apraza para o vindeiro sábado o desfile de entroido, e o Ravachol para o domingo

14 de Febreiro de 2015

O Concello de Pontevedra acordou esta mañá aprazar os actos do entroido que se ían celebra hoxe pola tarde na rúa debido as previsións de chuvia moderada, segundo Meteogalicia. En concreto, o desfile de entroido.
A decisión tomada de común acordo con comparsas e grupos que participan habitual e historicamente no entroido pontevedrés, traslada para o vindeiro sábado, 21 de febreiro, o desfile do entroido; e o enterro do Ravachol, para o domingo 22, ás 20.30 horas -adiántase media hora-.
A Concellaría de Festas, coa concelleira Carme da Silva á cabeza, mantivo contactos durante a xornada de onte e a mañá de hoxe con comparsas, grupos, e persoas vinculadas historicamente ao entroido pontevedrés para ir valorando a situación meteorolóxica, e a posibilidade de variar a programación do entroido.
A decisión tomouse esta mañá apurando até a última hora e vendo a evolución meteorolóxica. Motivos de seguridade foron os que pesaron á hora de tomar a decisión dado que moitos grupos e comparsas, adoitan levar grupos electróxenos para iluminación, música en directo, megafonía que nestas condicións de chuvia poden supoñer un risco para participantes e espectadores. Ademais, non cabe duda que a incidencia da chuvia sobre estes equipos suporanlles un deterioro importante.
O acordo consensuado foi aprazar para o vindeiro sábado, 21 de febreiro, o desfile do entroido, manténdo a misma programación horaria que estaba prevista para hoxe:
• 16.00 horas Rúa Xosé Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación
• 17.00 horas Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España
• e rúa Alameda
• 20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

Igualmente de común acordo, trasládase para o vindeiro domingo, 22 de febreiro, o enterro do Ravachol, adiantando a saída do cortexo fúnebre ás 20.30 horas. A programación do Ravachol queda do seguinte xeito:

• 12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo.
• 18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
• 20.30 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora, Os Paparrulos, A Esmorga, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría
• VELADA INFAUSTA Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.
o Programa:
1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado
2º Celme, danza da morte
3º Pola Vila, Recordos D'outrora
4º Val do Lérez
5º Incineración do loro Ravachol

Agás estes cambios, mantense o resto da programación de entroido tal e como está recollido no programa.

 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.02.2015 polo Concello de Pontevedra.