Actualízate

22 de Maio de 2019Pontevedra

O Circuíto de Carreiras Populares inicia a súa terceira edición con vocación de crecemento e apostando polos equipos

19 de Xaneiro de 2015

A terceira edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP) chega coa vocación de crecer e cunha aposta clara polos equipos. Dous obxectivos que, segundo o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, van dirixidos á liña estratéxica de fomento do deporte popular entre os pontevedreses.

O circuíto foi presentado hoxe polo concelleiro, acompañado do presidente da Sociedade Gimnástica, Ramón Touza, e de Javier Romay, responsable da empresa xestora das inscricións e cronometraxe, Championchipnorte.

A inscrición para o CCCP abriuse durante esta fin de semana e sumou xa as primeiras 58 inscricións individuais, incluíndo tamén os dous primeiros equipos, o que dá unha idea da forza coa que chega esta nova convocatoria dun programa que a Concellería de Deportes puxo en marcha para diversificar a política deportiva municipal. “A nosa cidade é moi coñecida pola organización de competicións de elite e polo apoio ao deporte federado”, explica Fernández, “polo que tamén era necesario dar pulo á práctica deportiva dos cidadáns que só aspiran a estar en forma e participar e competir nun formato popular”.

Por outra banda, Pontevedra é a única cidade galega que permite aos parados correr gratuitamente e anunciou que o “prezo político” para a inscrición no Circuíto manterase nos 30 euros para os posuidores de chip amarelo de cronometraxe (45 euros para os que carezan deste dispositivo). Un prezo que permite correr seis carreiras distribuídas ao longo de todo o ano (San Brais, febreiro; Monte Porreiro, abril; PonteNoite, xuño; Santiaguiño do Burgo, xullo; Campañó, setembro e Medio Maratón, outubro) e que non ten competencia en relación ao resto de circuítos urbanos de Galicia. De feito, engadiu Agustín Fernández, moitas das ligas que se ofertan como circuítos son, en realidade, simples puntuacións agrupadas de carreiras individuais.

O concelleiro explicou que, como é habitual, a inscrición permanecerá aberta ata a PonteNoite de xuño, dado que a puntuación nas distintas clasificacións elabórase a partir das mellores catro carreiras de cada corredor ou equipo. Non obstante, recoméndase que se faga canto antes para beneficiarse deste completo calendario integralmente.

O ano pasado participaron 269 corredores (cun 15% de mulleres). O obxectivo inmediato para este ano é chegar aos 350 corredores e incrementar a participación feminina. O obxectivo a medio prazo é chegar a unha masa de 500 corredores. Javier Romay subliñou que, de feito, o crecemento que se está a rexistrar na participación en carreiras populares prodúcese, especialmente, no público feminino.

O CCCP aposta este ano moi forte polos equipos. A primeira medida foi equiparar o premio económico do mellor equipo ao dos gañadores individuais masculino e feminino. Sobe, por tanto, dos 300 euros aos 500 euros. Ademais permítese a inscrición inicial con só seis corredores (ata agora eran 12), con posibilidade de “fichaxes” ata a terceira carreira. Non obstante, recoméndase un número amplo porque precísase unha participación mínima de seis atletas para puntuar sen penalizacións.

En canto ás clasificacións que serven para elixir os gañadores mantense o esquema da Absoluta, Categorías de idades, Compensada por idades e, finalmente, Equipos. Todos eles verán recompensado o seu esforzo de todo o ano cunha gala final de entrega de premios que se celebrará o próximo mes de decembro.

 

Máis información e Regulamento en:

https://championchipnorte.com/circuito/iii-circuito-de-carreiras-pedestres-pontevedra-cccp-2015

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.01.2015 polo Concello de Pontevedra.