Actualízate

18 de Agosto de 2019Pontevedra

O alcalde estuda axudas á Confraría de Arcade para limpar o areal do fondo da ría de Vigo

30 de Xaneiro de 2013

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a unha representación de mariscadoras da Confraría de Arcade, a metade dos seus integrantes residentes nas parroquias pontevedresas de Ponte Sampaio e Canicouva. A Confraría conta, na actualidade, 91 mariscadoras.
Na reunión expuxéronlle que traballan no fondo da ría de Vigo, e que o pasado Nadal sufriron varias avenidas de auga doce que provocou a morte dos bancos de ameixa e berberecho. A Consellería de Pesca pechou a zona por catro meses, e na actualidade as mariscadoras atópanse nunha complicada situación económica ao non poder traballar.
Solicitáronlle colaboración económica ao Concello de Pontevedra para, no mes de marzo ou abril, iniciar os traballos de limpeza do areal e proceder a plantación de nova ameixa.
O alcalde de Pontevedra comprometeuse a estudar esta petición “razonábel porque esta situación non sucede todos os anos, e especialmente tendo en conta que se trata dun sector importante do que viven moitas familias. Aínda que non temos competencias neste eido, creo que poderemos colaborar con eles”.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 04.02.2013 polo Concello de Pontevedra.