Actualízate

15 de Decembro de 2018Pontevedra

O alcalde anuncia a renovación de toda a iluminación da praza de Europa de Monte Porreiro

16 de Xaneiro de 2012

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores visitou os traballos que as distintas brigadas do Concello están a facer no barrio de Monte Porreiro, para mellorar a calidade de vida dos veciños. Estivo acompañado do concelleiro delegado do barrio, Luís Bará así como dun grupo de veciños e representantes dos colectivos de Monte Porreiro.

O encontro foi na praza de Europa, xunto á igrexa parroquial do barrio, e visitaron os traballos de roza, recuperación e axardinamento da parcela situada detrás deste edificio e do IES Luís Seoane, que chegan ata a nova Escola Infantil de Monte Porreiro.

Ademais, estudaron as melloras de iluminación que o Concello fará na praza de Europa, onde existen luminarias de distinto tipo, a maior parte delas obsoletas. Serán substituídas por unhas luminarias máis altas no perímetro da praza, e outras máis acordes co entorno no interior da praza, ademais de proxectores para os parques infantís que carecen dunha iluminación apropiada.

O cambio desta iluminación implica a melloras de eficiencia enerxética. O proxecto que elabora a oficina técnica do Concello, supón un investimento de 22.000 euros e poderá estar rematado no primeiro semestre deste ano.

Segundo explicou o alcalde “aínda que son pequenos traballos, son moi importantes para os veciños de Monte Porreiro, para mellorar a súa calidade de vida, e para a socialización do barrio”.

Na praza de Europa, o alcalde tamén lembrou que a obra civil executada polo Concello para o soterramento da liña de alta tensión do barrio por valor de algo máis de 400.000 euros, está practicamente rematada, a falta de por en marcha un pequeno proxecto complementario aprobado o pasado mes de decembro. Está pendente a convocatoria unha reunión entre a Xunta e Fenosa, tamén o Concello, para pechar o soterramento do cableado que terá un custe de 1,1 millóns e que deberá asumir nun 70% por parte de Fenosa, en un 30% da Xunta de Galicia.
 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 15.12.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.01.2012 polo Concello de Pontevedra.