Este venres celébrase a segunda xornada do Encontro Internacional de Contadores de Historias “Sete Falares”.
O proxecto cultural Sete Falares naceu no ano 2012, e propón un espazo único para tódolos os públicos mediante o relato de historias da man de profesionais como Beatriz Montero, Celso Sanmartín, Raquel Queizas, Antonella Giraldo, Luis Correia, Quico Cadaval ou a coñecida agrupación de contacontos Pavís Pavós.
O programa de actividades para o venres 7 é:
Palabras na boca, por Raquel Queizás
• 18h no Pazo Mugártegui
• Entrada grauita ata completar aforamento. Público infantil.
De dous en dous, por Celso Fernández Sanmartín e Antonella Giraldi
• 20.30h nas Ruínas de Santo Domingo
• Entrada gratuita ata completar aforamento. Público adulto.
De dous en dous, por Quico Cadaval e Luis Correia Carmelo
• 22.30h nas Ruínas de Santo Domingo
• Entrada gratuita ata completar aforamento. Público adulto.
[...]
[...]
Hoxe é 18.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 06.06.2013 polo Concello de Pontevedra.