Actualízate

19 de Maio de 2019Pontevedra

Normas para a celebración das fogueiras de San Xoán

04 de Xuño de 2014

O Concello de Pontevedra volve a publicar, un ano máis, as normas para a celebración das fogueiras de San Xoán.
As normas son as seguintes:
“Un ano máis este Concello lembra ós veciños e veciñas en xeral, as normas de mantenemento das condicións de seguridade para a queima das fogueiras de San Xoán, que terán lugar a noite do 23 deste mes de xuño.
As normas ás que terán que axeitarse a instalación e queima das fogueiras son as seguintes:
1. Presentación no Rexistro Xeral do Concello da solicitude de celebración da fogueira,  antes do próximo día 17/06/2014 ás 13,00 horas, facendo constar os seguintes datos das  persoas que organizarán o acto e faranse responsables do mesmo:
a. Nome e apelidos, D.N.I.
b. Enderezo e coñecemento do teléfono do Servicio Municipal de  Extinción de Incendios 080, Policía Local 092 e Protección Civil 986 871 188.
c. Compromiso de dispor no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na solicitude do seu número.
d. Coa documentación achegarase copia do D.N.I. dos responsables.
2. As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ós edificios e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. Nun área de diámetro similar ó pao central da fogueira non  poderán concentrarse os asistentes á festa.
3. Os materiais a empregar na combustión serán leña, polas, toros de árbores e vellos  materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con P.V.C. en xeral, e  similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calesquera substancias explosivas. Lémbrase que un bote de aerosol, aínda vacío, pode orixinar unha explosión importante. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.
4. Prohíbese a realización de fogueiras sobre vías públicas pavimentadas, xardíns ou  zonas verdes en xeral.
5. A organización terá que acatar as normas ou instruccións que poidan ditar os Axentes  dos Corpos da Policía Local ou Corpo de Bombeiros.
Esta Alcaldía ó tempo que convida a tódolos veciños e veciñas a disfrutar da festa desa noite, confía en que se cumpran estas instruccións, ditadas únicamente para garantiren a protección e seguridade no municipio en conciliación co lecer da cidadanía.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 05.06.2014 polo Concello de Pontevedra.