Actualízate

20 de Agosto de 2019Pontevedra

Noites Abertas abre o prazo para presentar propostas para o vindeiro ano

30 de Setembro de 2014

A Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra convoca a todas as entidades, asociacións, colectivos e grupos xuvenís de Pontevedra  interesados en participar na elaboración de proxectos-proposta de actividades, a unha reunión informativa este mércores día 1 de outubro ás 19,30h. no salón de actos do Pazo da Cultura.
Con esta metodoloxía de traballo o que se pretende é que os propios mozos e mozas sexan protagonistas do seu ocio, dándolles a posibilidade de participar activamente no deseño de actividades e así poder compartir con xente da súa idade, intereses e afeccións diversas, tan diversas como é a xuventude.
Para o deseño de propostas, a coordinación do programa Noites Abertas dispón de modelos de formularios explicativos que pretenden facilitar o mecanismo para deseñar un proxecto, á vez que establecen a filosofía e os obxectivos do programa, os criterios de selección de propostas e o calendario que vai ter esta XVI edición do programa.
As propostas deseñadas poden ser de actividades deportivas, culturais, obradoiros de diverso tipo, rutas, xogos... sempre respondendo aos fins de Noites Abertas. O ano pasado recibíronse 232 propostas das cales saíron 117 actividades distintas e rexeitáronse 115. Este ano prevese un novo incremento dos proxectos recibidos.
Por outra banda, máis un ano, o persoal e o concelleiro de Xuventude manterán reunións informativas co alumnado maior de 16 anos de todos os IES públicos de Pontevedra co fin de explicarlles a posibilidade de presentar os seus propios proxectos de actividades para o programa, e así, dar o paso e ser monitores/as e non limitarse a ser usuarios/as do programa. As charlas nos IES sucederanse ao longo da primeira quenda do mes de outubro, nas datas acordadas cos centros educativos colaboradores.
O prazo para a presentación de propostas abrirase do 2 ao 24 de outubro. No mes de novembro a coordinación do programa fará a selección das propostas definitivas, para pasar a unha nova fase de programación concreta das actividades seleccionadas, e configurar así o calendario definitivo para comezar máis cedo ca nunca, o venres 23 de xaneiro de 2015.
O modelo de formularios para deseñar propostas poderá descargarse da web da Concellaría de Xuventude http://xuventude.pontevedra.eu  ou ben solicitalo na Oficina de Xuventude na Casa Azul, rúa Sor Lucía 2, 3º , 986 840367 xuventude@pontevedra.eu . A atención telefónica será só en horario de mañá, mais poderá concertarse entrevista noutros horarios para axuda e asesoramento no deseño das propostas.

 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.10.2014 polo Concello de Pontevedra.