Actualízate

23 de Maio de 2019Pontevedra

Noites Abertas 2015 comezan o 23 de xaneiro con 116 novas actividades para mozos

28 de Novembro de 2014

 O 23 de xaneiro é a data escollida pola Concellaría de Xuventude para pór en marcha as Noites Abertas 2015. Segundo explicou esta mañá o concelleiro delegado da área, Demetrio Gómez, "é a data que máis cedo puxemos en marcha as Noites Abertas", e non se pode pór antes porque o curso se retoma logo do Nadal o arredor do 13 de xaneiro.
Por vez primeira, non se parará ningunha fin de semana até o 25 de abril en que está previsto que remate esta edición. Soamente non terán contido os dous sábados de entroido, pero si os venres desas datas.
Nesta semana a Concellaría acaba de recibir a subvención procedente do Ministerio de Sanidade por valor de 75.491 euros (2.000 euros máis que o ano anterior). Ao programa a Concellaría achegará 32.355 euros para completar os 107.846 euros que custen as Noites Abertas 2015.
Demetrio Gómez explicou que Xuventude recibiu 230 propostas, das que se escolleron 116 seguindo criterios de que fosen propostas de mozos de Pontevedra, e logo en función da súa situación laboral. O concelleiro destacou que a grande maoría das propostas eran moi interesantes e de calidade pero cuestións orzamentarias, de espazos e de tempo houbo que reducilas ás 116 escollidas.
Das propostas escollidas, 30 son de asociacións; 16 de 9 empresas pequenas de servizos socioculturais; 43 individuais de mozos e mozas, especialmente dos institutos Carlos Oroza, Xunqueira I, Torrente Ballester e Sánchez Cantón. E tamén se escolleron propostas de 27 colectivos xuvenís.
Outra das novidades deste ano, é que as Noites Abertas han de colaborar co Salón de Libro, polo que haberá actividades de Noites Abertas no Salón.
Entre as propostas curiosas que se ofertarán este ano están:

- Speed Dating: entrevistas en parellas para ligar.
- Kaiak nocturno polo Lérez.
- Ruta cicloturista nocturna
- Rutas en patíns pola cidade
- Ligar con lingua de signos

 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 23.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.11.2014 polo Concello de Pontevedra.