Actualízate

18 de Novembro de 2018Pontevedra

Neira Vilas imparte mañá unha conferencia para estudantes no Principal

09 de Abril de 2014

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa editorial Galaxia, trae o escritor Xosé Neira Vilas mañá, xoves 10 de abril, a Pontevedra. O escritor impartirá unha conferencia ás 12 da mañá no Teatro Principal, dirixida a estudantes de centros de ensino secundario de Pontevedra; ao remate os estudantes terán a oportunidade de facerlle preguntas a Neira Vilas.
As 434 prazas do Teatro Principal quedarán escasas para as grande cantidade de solicitudes de centros para asistir ao acto de mañá. O Teatro encherase con alumnado dos IES de Pontevedra: Valle Inclán, Luís Seoane, A Xunqueira 1, A Xunqueira 2, Frei Martín Sarmiento e Sánchez Cantón. Outros centros, como o IES de Poio, non  poderán asistir.  
Xosé Neira Vilas é o persoeiro máis representativo e universal das letras galegas. Os rapaces terán unha oportunidade única de asistir á conferencia dun clásico da literatura. Neira Vilas falará sobre o proceso creativo da súa obra en xeral, con especial atención a Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego, a obra máis lida e máis traducida da historia da literatura galega.
Xosé Neira Vilas, nado en Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928, é un escritor galego.
Traxectoria
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.
Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.
Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas, o Premio Laxeiro e o Premio Trasalba (2004), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.
Estilo e caracteríticas
A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.
As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio[1], A muller de ferro e Querido Tomás.
Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar, Nai e Pan. O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso, na colección de contos Historias de emigrantes, en Remuíño de sombras e en Tempo novo.
Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo, O cabaliño de buxo, A marela Taravela, Contos vellos pra rapaces novos e Chegan forasteiros.
En colaboración coa súa muller, a cubana Anisia Miranda, publicou un libro de de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.11.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.04.2014 polo Concello de Pontevedra.