Actualízate

26 de Maio de 2018Pontevedra

Mostra da Parodia, Desfile e enterro de Ravachol, fin de festa do Entroido

20 de Febreiro de 2015

Pontevedra encara a recta final do entroido. A XX Mostra da Parodia, o desfile do entroido e o enterro do Ravachol son as propostas para esta fin de semana.

O XXIV concurso de Murgas rematou coa seguinte clasificación:
1. Os da Baiuca do Grove
2. Equipo Ja Pontevedra
3. Murga PTV Miguelianas
4. Murga Femenina Pontevedra Pantojas presidiarias

A programación para hoxe e para esta fin de semana é a seguinte:

Venres, 20 de febreiro
• 23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XX Mostra da Parodia do Entroido
• 02.00 horas. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXIV Mostra da Parodia do Entroido. Os grupos participantes son:
o Os do Val do Lérez. Praza de España
o Vamos a todo. El duelo del siglo. Praza de Ourense.
o Amoriños de Bora. Praza da Peregrina
o Os das pistas, el guiñol pirata. Casa Alcalde
o Torneo medieval. Cruzamento Michelena-Gutiérrez Mellado 
o Os de sempre. Praza de Ourense 
o Equipo Ja. Benito Corbal diante do estanco. 
o Os Fojeiras de Sanxenxo: abierto 24 horas. Praza da Ferraría 


Sábado, 21 de febreiro
• 11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
• 16.00 horas. Rúa Xosé Malvar. Concentración dos  participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.
• 17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda
• 20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

Domingo, 22 de febreiro
• 12.00 horas. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
• 18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
• 20.30 horas. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora,  Os Paparrulos, O Cientolos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval e Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría
o VELADA INFAUSTA. Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico. Programa:

  • o 1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado
  • o 2º Celme, danza da morte
  • o 3º Os de Algures: Perfecto Feijoo na  Memoria da Boa Vila
  • o 4º Val do Lérez
  • o 5º Incineración  do loro Ravachol

• 17.00 horas. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.
 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 26.05.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.02.2015 polo Concello de Pontevedra.