Actualízate

20 de Marzo de 2019Pontevedra

Medio centenar de mozos inician esta semana os cursos de formación de Pisando forte

16 de Setembro de 2014

Esta semana puxéronse en marcha novos cursos do programa de formación para o emprego xuvenil "Pisando forte", organizado dende a Concellaría de Xuventude, que xestiona Demetrio Gómez, e que vai destinado preferentemente, a mozos e mozas de Pontevedra, en situación de desemprego e de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.
Este luns día 15 comezaron os cursos de "Tenda on line (Prestashop)" e o "Obradoiro de coaching", no primeiro están a participar 15 mozas e 4 mozos, superándose as 18 prazas ofertadas inicialmente. No segundo, participan 2 mozos e 13 mozas.
O curso de "Tenda on line" pretende amosar unha ferramenta de software libre como é o Prestashop para saber construír un espazo web para vender e realizar tarefas de comercio electrónico. A xente que o está cursando pretende levar a cabo unha tenda on line e vender os seus propios produtos (artísticos, servizos...) e buscar así unha saída laboral que non require de grandes investimentos e infraestrutura, máis alá da plataforma virtual dende onde desenvolvela. Este curso celébrase ao longo de 15 horas na Casa Azul os días 15, 17, 19, 22 e 24 de setembro en horario de 17 a 20h.
No obradoiro de coaching, as persoas participantes traballan para coñecerse mellor e acadar así as súas metas profesionais e persoais. Trátase dun obradoiro de sesións grupais para logo pasar ao traballo individual cunha coach que analizará as potencialidades, recursos e necesidades de cada persoa, así como as áreas de mellora persoais de cara sempre á inserción sociolaboral. Este obradoiro desenvólvese na Casa Azul os luns 15 e 29 de setembro, 13 e 27 de outubro, en horario de 16 a 20h.
O martes día 16 dará comezo outro novo curso de 30 horas "Iniciación á lingua de signos", no que participarán outras 13 mozas e 2 mozos, e que resultou ser o curso que provocou por segundo ano consecutivo, maior listaxe de agarda, debido á grande demanda existente na xente nova pola formación neste eido tan aplicable a todos os contextos laborais e nas relacións interpersoais. Terá lugar no Pazo da Cultura, de martes a venres e ata o 1 de outubro.
Todos estes cursos de Pisando Forte son gratuítos e se veñen desenvolvendo ao longo de todo este ano dende marzo ata novembro. Aínda se mantén o periodo aberto para a preinscrición on line dalgúns curso, a través da web www.xuventude.pontevedra.eu
O alumnado que supera os cursos do programa Pisando Forte, recibe un certificado municipal acreditativo da formación recibida.
Lembramos que a formación ofertada polo Pisando Forte está dirixida a mozos e mozas de 16 a 35 anos, en situación de desemprego e do municipio de Pontevedra. Trátase dunha formación gratuíta, totalmente subvencionada pola Concellaría de Xuventude e que ten por obxectivo mellorar o acceso ao mercado laboral da poboación nova, a través unha oferta formativa orientada á mellora das competencias persoais e profesionais.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.03.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.09.2014 polo Concello de Pontevedra.