Actualízate

22 de Febreiro de 2019Pontevedra

María Seguí recibe a Lores e felicita a Pontevedra polo Dubai Award

12 de Febreiro de 2015

A coincidencia total entre os obxectivos da DGT para reducir a sinistralidade urbana, e o modelo de Pontevedra fóron analisados hoxe na reunión que celebraron o alcalde e o concelleiro de Infraestructuras, César Mosqueira, coa directora xeral, María Seguí. “Estamos na mesma liña de favorecer a mobilidade 30”, dixo Lores ao remate da cita, que tamen serviu para convidar a Seguí aos actos de celebración do Preimo ONU Hábitat, que terán lugar próximamente na capital do Lérez.

O Concello manifestou o seu apoio ao regulamento que prepara a DGT sobre a limitación a 30 km de velocidade máxima en medio urbano, para atallar o crecente nivel de sinistralidade que se rexistra nas cidades. Seguí felicitou aos munícipes polo recente Premio Dubai e Lores ofreceu á cidade como sede do IV Encontro de cidades pola seguridade viária, que podería celebrarse aquí, de prosperar esta iniciativa (os anteriores tiveron lugar en Xixón, Córdoba e Torrevieja).

Despois desta reunión, o alcalde participou, como presidente de honra, na sinatura dun protocolo entre a DX de Tráfico e a Rede de Cidades que Camiñan, que tamén asinaron o coordenador técnico desta rede, Pablo Barco, a alcaldesa de Ciudad Real, Rosa Romero, e o vereador de Urbanismo de Torres Vedras (Portugal). Bruno Ferreira.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 12.02.2015 polo Concello de Pontevedra.