Actualízate

27 de Marzo de 2017Pontevedra

Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra

23 de Febreiro de 2015

“A cidadanía, co apoio e o liderazgo do Concello”. Esa foi a resposta do alcalde de Pontevedra á pregunta “quen lidera esta transformación?”, realizada por unha das asistentes que participan na xornada explicativa previa á entrega do Dubai Award, o premio de ONU Habitat para proxectos que melloren a calidade de vida en todo o planeta.
Foi unha das preguntas realizadas trala exposición que baixo o título “Pontevedra, unha cidade para as persoas” realizou en inglés o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, quen no coloquio serviu de intérprete do alcalde para o turno de preguntas.
Nun contexto no que os premiados son persoas da sociedade civil con pouca presenza institucional, o proxecto pontevedrés chamou a atención precisamente por eso, pola implicación das autoridades municipais liderando as iniciativas transformadoras.
As presentacións dos nove proxectos prolongáronse durante toda a mañá, e o de Pontevedra foi un dos que máis atencións captou, polo que o alcalde tivo que responder a esa cuestión do liderazgo municipal elixido pola cidadanía, así como tamén as que se interesaban pola natureza global do proxecto: “A decisión de cambiar non parte dun proxecto técnico determinado para unha ou outra inicaitva, senón dunha decision política, dos representantes públicos, avalados pola cidadanía e coa participación social a través de entidades sociais e cidadás”, lembrou Lores.
A intervención de Daniel Macenlle consistiu nun repaso polas razóns que levaron ao xurado a elexir Pontevedra como unha das receptoras deste galardón internacional: partindo dunha cidade caótica e invadida polo tráfico a motor, foi transformándose a partires das primeiras peonalizacións, pasando polo saneamento do río e a ría, pola xestión da mobilidade para reducir accidentes, as políticas de accesibilidade universal, a non deslocalización comercial ou a mobilidade infantil, materializada no Camiño Escolar e a Cidade dos Nenos.
A xornada de mañá, ocupada pola cerimonia de entrega do premio propiamente dita, terá lugar na Sociedade Cultural e Científica de Dubai, un complexo cultural ubicado ao sur da cidade.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
Máis de 300 actividades nunha nova edición do Salón do Libro
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 27.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.02.2015 polo Concello de Pontevedra.