Actualízate

15 de Decembro de 2018Pontevedra

O Concello activa a nova iluminación de San Antoniño, de tecnoloxía led

14 de Marzo de 2011

O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente Urbano, Raimundo González puxo en marcha a nova iluminación do barrio de San Antoniño e a súa contorna (será na rúa Cobián Areal con Benito Corbal). Trátase dunha tecnoloxía única na cidade, e en toda Galicia, tecnoloxía led para iluminar todo o barrio cun modelo moi urbano e contemporáneo de luminaria parecida a unha tableta táctil de teléfono móbil.

 

        Instaláronse 90 novos puntos de iluminación que terán un custe de  250.000 euros.

 

        As rúas que dispoñen desta nova iluminación son:

 

-         Rúa Lepanto

-         Rúa Xavier Puig Llamas

-         Rúa Xosé Millán

-         Rúa Víctor Cervera Mercadillo

-         Rúa Gonzalo Gallas

-         Rúa Xerardo Álvarez Limeses

-         Rúa Cobián Areal

-         Rúa Blanco Porto

-         Rúa Altamira

 

 

        A iluminación actual do barrio de San Antoniño caracterízase polo uso de lámpadas de sodio e luminarias contaminantes, xerando unha iluminación monocromática, mortecina, con moita luz intrusa, e pouco eficiente. A mala calidade da luz, a corrosión dos materiais e a falta de deseño  dos aparatos non axudan a mellorar a estética urbana.

        O barrio de San Antoniño, a pesar de estar no centro da cidade, non dispón dunha iluminación acorde coas novas tecnoloxías e criterios ecolóxicos cos que traballa o Concello. Na actualidade o 90% das rúas da cidade contan cunha iluminación de última xeración que ofrece vantaxes de tipo enerxéticas, económicas, de seguridade e de embelecemento urbano.  

 

        A nova iluminación do barrio de San Antoniño está fabricada con leds de alto rendemento, capaz de  producir máis luz por Watio consumido (ata 130 lúmenes por watio consumido). A utilización de lentes específicos permiten dirixir a luz  con precisión na area a iluminar evitando a luz intrusa e contaminación lumínica. Na iluminación LED a ausencia de radiación infravermella e ultravioleta garanten a calidade da luz.

 

        A nova luminaria, denominada Tablet, está formada por peche de vidro tépedo, disipador superior e marco envolvente en aliaxe de aluminio extrusionado e anodizado.

 

        A columna ten unha altura de ata 9 metros, e está formada por fuste cilíndrico de aceiro inoxidable, e 1 ou 2 brazos regulables para suxeitar a luminaria.

 

        As luminarias ancoradas en fachada teñen un soporte regulable de ata 1.5 metros de lonxitude. Está fabricado integramente en aceiro inoxidable composto por brazo (con rexistro para caixa de conexión e fonte de alimentación) e ancoraxe para luminaria Tablet regulable 0-15º.

 

 

     As vantaxes da tecnoloxía led

 

        O sistema electrónico e óptico está aillado dentro dunha atmosfera inerte (gas argón) que evita problemas de condensación e garante a estabilidade e duración de todos os compoñentes, ata 80.000 horas.

 

        Tamén presenta unha alta resistencia a vibracións e impactos pola súa estrutura sólida e por non dispoñer de elementos internos móbiles. Conta con sistemas electrónicos de protección contra funcionamentos anómalos e altas temperaturas; e ten unha elevada redución nos custes en mantemento e substitución de luminarias.

 

 

     Adapta a luz ao espazo

 

        Dispón dun sistema óptico, composto por lentes de alto rendemento, totalmente configurable que permite adaptar a iluminación á situación na que se emprace a luminaria. 

 

        Ten luz de maior calidade. A escala cromática dos leds pódese adecuar á luz natural.

 

        Ten maior rapidez de resposta. acendido instantáneo.

 

       

        Luz ecolóxica

 

        A iluminación LED considérase ecolóxica por non conter mercurio, non producir raios UVA ou irradiacións infravermellas.

 

        O emprego de lámpadas máis eficientes diminúe as emisións de gases de efecto invernadoiro.

 

        O deseño da luminaria limita o resplandor luminoso nocturno ou a contaminación lumínica.

 

        A súa correcta distribución e instalación reduce a luz intrusa ou molesta.

 

 

     Xestión integral

 

        Control de nivel: redución do nivel luminoso a un valor prefixado.

 

        Control 0-10V: permite regular o nivel luminoso de forma continua para adaptarse ás necesidades do emprazamento.

 

        Control DALI: sistema de regulación dixital que permite o control total da luminaria. Ademais de variar o fluxo luminoso pódese coñecer en todo momento o estado da luminaria e a configuración da mesma. 

 

 

 

     Telexestión

 

        A luminaria TABLET pódese integrar dentro dun sistema de telexestión intelixente. De esta forma é posible regular en todo momento a iluminación en función de distintos parámetros como por exemplo, a data e a hora, presencia de usuarios na vía, luminosidade existente…

 

        A xestión intelixente das luminarias TABLET permite aumentar a eficiencia da iluminación pública ademais de facilitar o mantemento da mesma. 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 15.12.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.03.2011 polo Concello de Pontevedra.